mvillarino escribiu:
> 
> Estritamente opinión persoal: Eu non lle vexo tanto problema, que o PT
> sexa asociación ou non a min caseque non me vai afectar o traballo que
> fago como tradutor. Vou seguir sendo tan tarasco como sempre!.
> 

Penso que se están a sacar as cousas de sitio.

Na xuntanza, ABERTA, do luns en Cangas (e tamén dos cruces de correos), 
quedou claro que a CIF non pretendía nin dirixir, conducir ou apropiarse 
de nada.

A CIF o único que fixo foi ofrecer recursos (vease, servidor adicado 
financiado pola propia CIF mediante subscripción popular).

Eu non vexo ningún problema entre grupos ou individuos, e semella que 
estamos nesa liorta.

Cando Trasno se dirixiu á CIF para unha posibel "integración" (non me 
gusta a palabra), unha das primeiras respostas, se non estou errado foi 
de que crear unha asociación non era un trámite compricado e achegamos 
copia (ou ligazón) aos nosos propios estatutos por se servían de base. 
Vamos, que pareceme moi ben que se cren asociacións.

Para a CIF, o feito de constituirse en asociación (despois de trece 
anos, so fai tres que o fixemos), foi motivado exclusivamente polo noso 
interese de que a titularidade do noso dominio e a nosa conta no banco 
fosen colectivas, e non dun particular. E punto. Nin subvencións nin 
nada que poida atarnos.

No evento G11n de Compostela (fará dous ou tres anos), lembro que a 
intervención que fixemos foi de defender un certo grao de atomicidade e 
non concentración en mancomún, polo perigo que tería o software libre en 
galego caso de desaparecer o apoio institucional; nese intre, a 
Directora Xeral saltoume á chepa. E agora, co tempo, temos diante a 
realidade.

Chegou o cambio de goberno e comezaron as primeiras manobras de 
desmantelamento de mancomún. A nosa reacción foi a de facer ruido (e 
algún houbo), mais no mundo da tradución non houbo reacción (mais que 
unha carta). Entón, ante a parálise, ofrecimos pagar do noso peto un 
servidor (e mais se fan falla) para que o mundo da tradución siga vivo.

E nesas estamos: organizarmos entre todos e todas, traballarmos en 
conxunto, cada un cos seus métodos, individual ou colectivamente, e ter 
en marcha unha plataforma que sirva para que o software libre en galego 
siga adiante (e mais se é posibel). Alguén pode interpretar isto como un 
intento de apropiación? A máquina será posta, se finalmente o levamos 
adiante, a disposición da comunidade, e a organización que montemos será 
a que a propia comunidade quera que sexa, sen dirección individual ou 
grupal. Se a comunidade quere que un grupo determinado sexa o 
responsabel de levar o timón, eu non vou poñer impedimento a que así 
sexa, e mais cando recoñezo o traballo feito por moita xente e grupos.

Cal é o motivo do apoio? Non teño problemas en matizar que non é o 
software libre, pois se falasemos de montar unha plataforma de tradución 
a español ou frances de SL, non se podería contar coa ciberirmandade. O 
matiz está en apoiar o software libre en galego.

Veña, deixemonos de batallas e poñamonos a remar todos xuntos. Eu 
estarei hoxe na facultade de filoloxía e convido a quenes poidan asistir 
a que tamén estean presentes.


-- 
---
      Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................

Responderlle a