Boas,

Se entendín ben o que foi chegando, polo momento semella que coincidides en
sinalar que esta rolda non é o lugar adecuado para redireccionar as mensaxes
automáticas dos proxectos de tradución.

Tamén se obxecta (Fran) que sexa unha única rolda a que recolla as mensaxes 
automáticas dos distintos proxectos de localización, xa que obrigaría a cada
persona interesada nun proxecto a recibir as mensaxes automaticas dos
restantes.

Ante esto ocúrrenseme dúas solucións:

- Montar unha rolda para cada un dos proxectos que levemos en Mancomún. Así
  teríamos distintas roldas:

     gnome en mancomun.org
     mozilla en mancomun.org
     openoffice en mancomun.org

  etc.

- Montar unha única rolda l10n en mancomun.org á que reenviar as mensaxes
  automáticas de todos os proxectos, e que cada quen configure os filtros
  do seu correo para eliminar as que non lle interesen. Co procmail sería tan
  sinxelo como:

     :0:
     * ^(From|Cc|To).enderezo_das_mensaxes_automáticas
     /dev/null

Preferencias?

Saúdos,



Leandro Regueiro escrebeu:
> 2009/3/11 Francisco Dieguez <listas en mabishu.com>:
> > Coido que non é moi boa idea xa que se eu quero seguir só os de gnome
> > non teño porque seguir cos de outros proxectos.
> >
> > En fin é o meu punto de vista.
> 
> En todo caso á maioria non nos fan falta esas mensaxes.
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

Responderlle a