2009/3/11 suso <suso.baleato en xunta.es>:
> Boas,
>
> Se entendín ben o que foi chegando, polo momento semella que coincidides en
> sinalar que esta rolda non é o lugar adecuado para redireccionar as mensaxes
> automáticas dos proxectos de tradución.
>
> Tamén se obxecta (Fran) que sexa unha única rolda a que recolla as mensaxes
> automáticas dos distintos proxectos de localización, xa que obrigaría a cada
> persona interesada nun proxecto a recibir as mensaxes automaticas dos
> restantes.
>
> Ante esto ocúrrenseme dúas solucións:
>
> - Montar unha rolda para cada un dos proxectos que levemos en Mancomún. Así
>  teríamos distintas roldas:
>
>     gnome en mancomun.org
>     mozilla en mancomun.org
>     openoffice en mancomun.org
>
>  etc.
>
> - Montar unha única rolda l10n en mancomun.org á que reenviar as mensaxes
>  automáticas de todos os proxectos, e que cada quen configure os filtros
>  do seu correo para eliminar as que non lle interesen. Co procmail sería tan
>  sinxelo como:
>
>     :0:
>     * ^(From|Cc|To).enderezo_das_mensaxes_automáticas
>     /dev/null
>
> Preferencias?

Realmente fan falta estas mensaxes? A min chéganme cada dous por tres
as de Debian e mailas de openSuse, e a verdade é que fartan un pouco.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a