Boas:

Enrique Estevez escribiu:
> Boas.
> 
> O venres no curso de Introdución a Ubuntu, Oscar empregou unha aplicación moi 
> simple para facer copias de seguranza (backup).
> 
> Polo que vimos non estaba traducida e Fran comezou a súa tradución. Agora 
> estou eu con ela e non sei como traducir as veces backup. Mirade a captura 
> que anexo co correo e que solucións dades.
> 
> En castelán empregan respaldo tamén, para decir respaldar agora nos botóns. 
> En portugués creo que non a traducen.
> 
> Suxerencias. Posibles alternativas a copia de seguranza, para o caso de 
> botóns ou para empregalo coma un verbo.
> 
Suxerencias -> Suxestións

Vexo no opentran que usa como verbo: salvagardar
Poida que tamén sirva: asegurar
Tamén se pode optar por non facer tradución directa e neste caso (o da 
imaxe) traducir como "Realizar xa!", "Facer xa!"...
En galego respaldar non existe, a tradución sería: apoiar ou amparar 
(para o caso de dar apoio).

> Saúdos.
> 
> PD: o programa chamase sbackup. Son 133 cadeas. Outro programa que lle 
> botamos un ollo foi ao firestarter (un firewall, creo que é cortalume) que 
> parece que tampouco está traducido. Ahí tamén hai moita terminoloxía por 
> mirar. Polo menos eu non a coñezo (broadcast, firewall, denied, ...)
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a