Corrixidos..
http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.2/gl/rev/53c1e2c54a5e

Tamén indicar que hoxe é o último día (non me lembro ata que hora, pero xa 
case seguro que non se poderán facer máis correccións na tradución do 
firefox 
3.6 Beta 1 que se publicará en breve.

Digo Beta 1 e resáltoo, porque despois antes da versión final volverá haber 
prazos para correccións.

O que si me parece moi importante, é a do Thunderbird, que remata en breve, 
e que xa será definitiva, polo que se agradece calquera informe de erros sobre 
o thunderbird.

Graciñas a todos polas correccións.


O Sábado 03 Outubro 2009 21:20:04 lois escribiu:
> Envíovos algúns erros que atopei na tradución do Firefox:
> 
> 1-Desexa iniciar a navegación rivada?
> 
> 2-Aparece o dialectal 'feche' nalgunha cadea. Nas demais aparece o verbo
> 'Pechar'.
> 
> 3-Aparece o termo 'computadora', nas demais cadeas escóllese o masculino
> 'computador'.
> 
> 4-Aparece o termo 'firewall', non sei se se optou por adoptar o
> anglicismo para a tradución.
> 
> Saúdos
> 
> _______________________________________________
> Mozilla mailing list
> Mozilla en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/mozilla
> 

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez                                                    
   
Técnico
Avda. de Vigo, s/n Campus 15705   Santiago de Compostela (Galicia/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 569 810/ 981 594 616                 
<fjrial en mancomun.org>

Responderlle a