Ola:

> Non estou moi ó tanto de como se vén facendo, mais penso que iso de
> facer atallos de teclado para cada idioma non é moi boa idea... Dis
> que dependendo do idioma do Firefox debería haber atallos distintos?
> Paréceme unha bastante mala idea. Penso que un usuario debería poder
> facer ctrl+r, ctrl+h, ctrl+u, ctrl+t ou o que sexa (e xa postos ctrl+c
> e ctrl+v) sen preocuparse do idioma no que está o seu navegador. Xa me
> contaredes como se está facendo.
> >
>

Perdoa, non usei os termos concretos, realmente iso é unha tecla de
accesibilidade (ou accesskey), non é un atallo de teclado.
Entón non se accede a ela a través de ctrl+o que sexa.. senón a través de
alt+o que sexa.. Serven para navegar a través das opcións do menú usando só
o teclado

O normal é que estas teclas aparezan sinaladas na opción de menú aplicativo
cun subraiado na letra en concreto que activa ese menú, pero se, como neste
caso, a letra que usamos non pertence á palabra, aparece a letra ao final
entre parénteses.

Simplemente cambiando a letra do acceskey á unha letra que si exista na
palabra, desaparece o parénteses e a letra en cuestión
pasa a estar subraiado como o resto de acceskeys.

Non sei si me expliquei moi ben.

Un saúdo.

Javi Rial.
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20091111/1ab68c39/attachment.html>

Responderlle a