Boas,

Vexo que xa hai xente probando a beta2 do firefox, estupendo.

Ahí vos vai o texto para o chamamento, semellante ao que acabo de enviar
para o OpenOffice.org, coa idea de que sirva de modelo para os futuros
chamamentos de testaxe.

Saúdos,

--

Queres probar o futuro Firefox 3.6 no teu idioma? Entón sigue lendo:

Acaba de ser publicado un adianto da próxima versión do Firefox que,
grazas ao traballo de todos, incorpora xa a súa tradución ao noso idioma.
Trátase dunha versión de probas que nos permitirá verificar o seu correcto
funcionamento e resolver así calquera problema grave antes de que se
produza o lanzamento da súa versión oficial.

Dende o equipo de galeguización de Mozilla queremos pedir a túa
colaboración para axudarnos nesta importante tarefa. O proceso é moi
sinxelo: consiste en instalar [1] o aplicativo (Linux, Windows ou Mac),
probalo e avisarnos en galician en mozdev.org de calquera erro grave que 
puideras detectar.

Grazas dende xa pola túa colaboración!

--

[1] Lembra que se trata dunha versión de probas e por tanto que debes
    extremar as precaucións, especialmente poñendo a salvo a túa
    configuración e os teus ficheiros e se cadra desinstalando as versións
    anteriores do aplicativo antes de instalar esta versión de probas.
    Podes descargar a versión de probas para Linux, Windows e Mac nas 
    seguintes ligazóns:

    Linux:
    
ftp://ftp.mozilla.org/pub/firefox/releases/3.6b2/linux-i686/gl/firefox-3.6b2.tar.bz2

    Windows:
    
ftp://ftp.mozilla.org/pub/firefox/releases/3.6b2/win32/gl/Firefox%20Setup%203.6%20Beta%202.exe

    Mac:
    
ftp://ftp.mozilla.org/pub/firefox/releases/3.6b2/mac/gl/Firefox%203.6%20Beta%202.dmg



-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a