Boas,
Xúntovos un modelo para fazer os chamamentos de tradución de documentos
sinxelos tipo product-in e demais. EnvÃo copia ao openoffice e gnome por
se nalgún momento precisaramos empregar tamén a plantilla.
--
En pouco tempo sairá a nova <versión> do <producto>, <descrición>. Este
produto levará asociado un <documento> que poderá estar accesibel en
galego se conseguimos traducilo coa suficiente antelación.
Trátase dun documento pequeno mais importante xa que se trata da información
que o <produto> mostra no seu inicio. Traducilo non require moito tempo e por
esta razón dende o <grupo> animámoste a que aproveites esta oportunidade
para colaborar nesta tarefa. Queres axudar? Ã moi sinxelo:
A seguir atoparás unha breve descrición do traballo que é preciso realizar.
Bótalle un vistazo e valora se podes asumilo. Como ves é moi sinxelo.
AnÃmaste a facelo? Estupendo! Entón envÃa unha mensaxe á nosa rolda de
coordenación <enderezo> ofrecendo a túa axuda; deste modo poderemos
asignarche a tradución se aÃnda non for asignada ademais de resolverche
calquera dúbida que che poida xurdir. Se é a primeira vez que nos contactas
lembra presentarte contándonos algo sobre tÃ, sempre axuda saber algo de
cada un de nós! :)
Esquemáticamente, o traballo a realizar serÃa o seguinte:
1- Descarga o ficheiro [1] que contén a versión orixinal en inglés do
<documento> e descomprÃmeo. Os ficheiros que precisamos traducir son
todos os que teñen a extensión ".html"
2- O traballo consiste en traducir ao galego as mensaxes textuais deses
ficheiros mantendo intactos os marcadores que as conteñen. Por exemplo a
tradución de:
<p>Please, download the file to your Desktop</p>
serÃa:
<p>Por favor, descargue o ficheiro no seu escritorio</p>
Lembra que é moi importante manter intactos os marcadores e traducir
únicamente as cadeas de texto que van ser visualizadas!
3- Traduce as cadeas de texto.
4- Comprime os ficheiros traducidos e avisa na rolda para que poidamos
revisalos antes de envialos ao repositorio oficial.
E xa está! :)
Saúdos dende <grupo>,
[1] Enderezo do ficheiro.
--
http://susinho.pagina.de/