>>
>> No foro de g11n [1] hai un fío onde están os problemas que viña dando
>> o Thunderbird 3 (non sei se en Mancomún teñen algo parecido)
>>
>> [1] 
>> http://www.g11n.net/index.php?option=com_jfusion&Itemid=3&jfile=viewtopic.php&f=20&t=46
> Vaia! pensaba que esas cousas se comentaban na rolda  
> galician en mozdev.org. que é onde enviei as cuestións que me ían 
> xurdindo.
>

Pensas ben Damufo; no fío que indica Ifrit fun documentando os informes de
erro que foron aparecendo en distintas canles (nesta rolda, no twitter e
demais) para centralizalas nalgún sitio e facilitarlle aos debuggers a súa
resolución. A ises efectos o foro é bastante mais adecuado que a rolda e,
de feito, agora resulta moi útil para comprobar se o erro persiste ou non,
pois alí aparece descrito o xeito de reproducilo.

>>
>>> En 2010/02/18 11:30, Jesús escribiu:
>>>>
>>>> Estarían ben asinar os correos ;)

Nisto levas razón; resulta evidente que os remites "corporativos" están
fora de lugar en calquera comunidade formada por personas, cando ademais
eiquí todos colaboramos a título individual e voluntariamente.

>>>> Polo demáis parabéns polo traballo e a ver se alguén máis o proba e xa
>>>> nos conta :)

Se non tendes obxecións subirei ises cambios ao repositorio oficial durante
esta fin de semana. Cun pouco de sorte acabaremos o antroido co Thunderbird
reparado. 

Saúdos,

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a