Ola.

Sigo avanzando pouco a pouco, pero xa teño falado con máis líderes do
equipo de localización de mozilla. Por agora estou a intentar saber
como se fan as cousas. Xa solucionei algún erro e xa teño conta en
case todos os servizos.

Agora ben a parte máis dificil, que é ter conta de ldap e mercurial.
Xa Pascal, creou o bug por min co que así iremos máis rápidos, xa que
o fai un dos seus membros e estou pendente de escánear un documento
que me piden firmado e enviarllo para que crean as contas e pechen o
bug. Creo que para a semana xa terei contas e comezarei a facerme co
duro do sistema.

Xa case decidín que vamos a traballar con Narro. E máis, xa estou a
traducir con Narro e teño completados ao 100% Firefox 3.6, Thunderbird
3.0. Este fin de semana rematarei (con sorte) Weave, Fennec e
Thunderbird 3.1.

Realmente non é moito traballo, xa que se aproveita moito do traballo.
Nalgúns queda moito ou iso parece, pero é que cando se fixo a
importación non se lle diu a aprobar as cadeas co que aparecen como
suxestións. É un traballo duro ir aprobándoas unha por unha pero así
tamén as vou revisando e fixando os novos criterios da comunidade.

Visto o visto, a xente que dixo que ía aportar na tradución non é
moita. Así que o que farei será seguir traducindo eu só no Narro iste
o que é a interface. A xente que dixo que ía colaborar, botárame unha
man sobre todo coas páxinas web, que teñen moita visibilidade e sempre
se pode consultar en liña as traducións que teñen feito noutros
idiomas. Irei comentandovos como vai todo e os progresos. Miña idea é
documentar todo, como se fai cada cousa e como tería que facelo un
novo coordinador (chegado o momento) para non perder tanto tempo.
Tamén vou a intentar levar estatísticas do avance do progreso e
definir máis cousas. Non teño moito tempo por agora, xa que todo se me
vai en mirar como funciona Mozilla e probar e probar en local. Ata
conseguín montar un Narro en local, co que ao mellor non descarto
montalo para a xente que queira comezar que o faga ahí, e despois
importar os ficheiros de ahí ao que xestiona Alexandru e que mantén
sincronizado coas cadeas orixe.

Seguirei informandovos.

Por último que se me esquecía. A ver se consigo que me xeren un .xpi
do Thunderbir 3.1 RC e poder probala entre todos e atopar os erros que
haxa. Sae o 17, co que non hai moito tempo, pero Simon de Thunderbird
ofreceuse se teño a tradución rematada.

Calquera dúbida, preguntade. Se vedes que non escribo e que non teño
moito que contar, porque por agora ando a facer probas e a ver se
consigo entender como se fan as cousas en Mozilla.

Un saúdo.

Responderlle a