Mentres vaias explicando todo o que fas non hai problema.

E cando necesites axuda para traducir ou revisar xa sabes onde estamos.

Un saúdo,
ifrit

2010/5/12 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>

> Ola.
>
> Sigo avanzando pouco a pouco, pero xa teño falado con máis líderes do
> equipo de localización de mozilla. Por agora estou a intentar saber
> como se fan as cousas. Xa solucionei algún erro e xa teño conta en
> case todos os servizos.
>
> Agora ben a parte máis dificil, que é ter conta de ldap e mercurial.
> Xa Pascal, creou o bug por min co que así iremos máis rápidos, xa que
> o fai un dos seus membros e estou pendente de escánear un documento
> que me piden firmado e enviarllo para que crean as contas e pechen o
> bug. Creo que para a semana xa terei contas e comezarei a facerme co
> duro do sistema.
>
> Xa case decidín que vamos a traballar con Narro. E máis, xa estou a
> traducir con Narro e teño completados ao 100% Firefox 3.6, Thunderbird
> 3.0. Este fin de semana rematarei (con sorte) Weave, Fennec e
> Thunderbird 3.1.
>
> Realmente non é moito traballo, xa que se aproveita moito do traballo.
> Nalgúns queda moito ou iso parece, pero é que cando se fixo a
> importación non se lle diu a aprobar as cadeas co que aparecen como
> suxestións. É un traballo duro ir aprobándoas unha por unha pero así
> tamén as vou revisando e fixando os novos criterios da comunidade.
>
> Visto o visto, a xente que dixo que ía aportar na tradución non é
> moita. Así que o que farei será seguir traducindo eu só no Narro iste
> o que é a interface. A xente que dixo que ía colaborar, botárame unha
> man sobre todo coas páxinas web, que teñen moita visibilidade e sempre
> se pode consultar en liña as traducións que teñen feito noutros
> idiomas. Irei comentandovos como vai todo e os progresos. Miña idea é
> documentar todo, como se fai cada cousa e como tería que facelo un
> novo coordinador (chegado o momento) para non perder tanto tempo.
> Tamén vou a intentar levar estatísticas do avance do progreso e
> definir máis cousas. Non teño moito tempo por agora, xa que todo se me
> vai en mirar como funciona Mozilla e probar e probar en local. Ata
> conseguín montar un Narro en local, co que ao mellor non descarto
> montalo para a xente que queira comezar que o faga ahí, e despois
> importar os ficheiros de ahí ao que xestiona Alexandru e que mantén
> sincronizado coas cadeas orixe.
>
> Seguirei informandovos.
>
> Por último que se me esquecía. A ver se consigo que me xeren un .xpi
> do Thunderbir 3.1 RC e poder probala entre todos e atopar os erros que
> haxa. Sae o 17, co que non hai moito tempo, pero Simon de Thunderbird
> ofreceuse se teño a tradución rematada.
>
> Calquera dúbida, preguntade. Se vedes que non escribo e que non teño
> moito que contar, porque por agora ando a facer probas e a ver se
> consigo entender como se fan as cousas en Mozilla.
>
> Un saúdo.
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
====================
Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
Visit our blog of fast food of the world: http://capitulocerdo.blogaliza.org
Visit my personal weblog: http://mediapinta.blogaliza.org
Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
====================
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100512/2c25d295/attachment.html>

Responderlle a