Ola,

Estou de acordo en que neste caso non nos temos por que cinxir aos termos
que aparecen no orixinal.

Ademais dos que indica Keko, faltarían cv, curriculum, currículo, carta.

Paréceme ben incluir adxunt.*.

Saúdos, Manuel


2011/3/7 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>

> Boas.
>
> Deberíamos esquecernos da tradución literal, temos que pensar que é o
> que queremos que cando no corpo da mensaxe vaia unha desas palabras,
> se non anexas un documento che dea un aviso.
>
> Se vemos a tradución que hai nestes momentos:
>
> anexo, anexado, adxuntado,.doc,.pdf,resumo, portada, carta
>
> Se no correo se fala de anexo, anexado, adxuntado (que está mal, pero
> que ao mellor deberíamos ter en conta por se alguén o escribe desa
> maneira), ficheiro .doc ou .pdf, faltarían (.odt, .odf, ao mellor
> algún outro), debería avisar. Agora cando aparece resumo, portada,
> carta, eu creo que non debería avisar.
>
> Ao mellor debería avisar ao falar de envíoche os ficheiros ou frases
> similares, pero como facelo para non pasarse e que avise ben. Isto é
> cuestión de moita enxeñería, jeje. De entrada deberíamos pensar nas
> palabras básicas nas que debería avisar.
>
> Eu propoño:
>
> anexo, anexado, .doc, .pdf, .odf, .odt, adxunto, adxuntado (están mal,
> pero a xente emprégaas por iso ao mellor deberíamos poñelas)
>
> Non sei se outras formas conxugadas dos verbos anexar e adxuntar
> debería ou poderían ir, igual que para os tipos de ficheiros.
>
> Saúdos.
>
> 2011/3/6 David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>:
> > e volvendo a ler, o de "portada, carta" pode ser outra tradución
> > literal de "cover letter" que é o que lle chamaríamos "carta de
> > motivación" e que normalmente vai acompañando ao currículo, outra vez,
> > se non me engano, claro...
> >
> >
> >
> >
> >
> > 2011/3/6, David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>:
> >> o de "resumo" pode ser que veña dunha tradución literal do inglés
> >> "resume", que é como os norteamericanos lle chaman ao currículo, se
> >> non me engano.
> >>
> >> Se vai por aí podiase engadir palabras do tipo: currículo, curriculum
> >> vitae, CV... ou?
> >>
> >> 2011/3/5, Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> >>> Ola.
> >>>
> >>> Moitas grazas polo que nos comentas. Revisando as cadeas atópome coa
> >>> seguinte:
> >>>
> >>> .doc,.pdf,attachment,attach,attached,attaching,enclosed,CV,cover letter
> >>>  mail.compose.attachment_reminder_keywords
> >>> ## Attachment Reminder
> >>> ## LOCALIZATION NOTE (mail.compose.attachment_reminder_keywords): comma
> >>> separated
> >>> ## words that that should trigger an attachment reminder.
> >>> --Anonymous
> >>> <https://l10n.mozilla.org/narro/narro_user_profile.php?l=gl&u=0>
> >>>
> >>> Está traducida da seguinte forma:
> >>>
> >>> *anexo, anexado, adxuntado,.doc,.pdf,resumo, portada, carta
> >>>
> >>> *Esta é unha cadea que se pode mellorar a súa tradución. Que suxerides?
> >>>
> >>> Pero para quen non o saiba, ditas palabras pódense configurar nas
> >>> preferencias do thunderbird.
> >>>
> >>> Copio outra que seguramente haxa que modificar:
> >>>
> >>> Attachment Reminder - *Anexos olvidados
> >>>
> >>> *Agora que xa comezo a manexarme coa conta de hg, teño que comezar a
> >>> xestionar o traballo con todos. O primeiro pasa será contarvos como
> axudar
> >>> a
> >>> colaborar nas traducións e o proceso que seguiremos, xa que deberíamos
> >>> traducir Seamonkey e Calendar.
> >>>
> >>> Un saúdo.
> >>>
> >>>
> >>> 2011/3/4 ifrit <ifrit en sonche.eu>
> >>>
> >>>>
> >>>>
> >>>> 2011/3/4 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>
> >>>>
> >>>> Perdón, queria dicir "palabras chave".
> >>>>>
> >>>>> No dia 4 de Março de 2011 20:11, Manuel Souto Pico
> >>>>> <m.soutopico en gmail.com
> >>>>> > escreveu:
> >>>>>
> >>>>>>
> >>>>>> Prezada lista,
> >>>>>>
> >>>>>> Que teño que facer para revisar as palabras *clave *dos anexos do
> >>>>>> Thunderbird?
> >>>>>>
> >>>>>>
> >>>>>>
> >>>>>> Iso de que pense que me estou esquecendo do anexo porque vai a
> palabra
> >>>>>> resumo no corpo do mail... é un pouco estraño.
> >>>>>>
> >>>>>> O que si que está mal seguro é o *Olvidou... *, que sería
> *Esqueceu*.
> >>>>>>
> >>>>>> Saúdos e grazas.
> >>>>>>
> >>>>>> Manuel
> >>>>>>
> >>>>>> PS: Por certo, non teño tempo para seguir a lista pero sigo con
> >>>>>> vontade
> >>>>>> de facer revisións, se me mandades cousas (non me chegou nada no
> >>>>>> último
> >>>>>> ano).
> >>>>>>
> >>>>>
> >>>> Ola Manuel,
> >>>>
> >>>> Non volvimos facer ningún traballo grande como aquel da páxina do
> Fennec
> >>>> e
> >>>> por iso non houbo revisións para enviarche ;) Keko vai traducindo as
> >>>> cousas
> >>>> que lle chega e pregunta na rolda as dúbidas que teña. Estamos
> pendentes
> >>>> de
> >>>> probar outra forma de facer as traducións e da saída do FF4, pero de
> >>>> momento
> >>>> é o que hai.
> >>>>
> >>>> Un saúdo.
> >>>> ifrit
> >>>>
> >>>>
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>> _______________________________________________
> >>>>> Galician mailing list
> >>>>> Galician en mozdev.org
> >>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>
> >>>>
> >>>> --
> >>>> ====================
> >>>> http://about.me/ifrit
> >>>> ====================
> >>>>
> >>>> _______________________________________________
> >>>> Galician mailing list
> >>>> Galician en mozdev.org
> >>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >>>>
> >>>>
> >>>
> >>
> > _______________________________________________
> > Galician mailing list
> > Galician en mozdev.org
> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
-------------- pr?a parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20110309/3cb2d001/attachment.html>

Responderlle a