Boas a todos.

Parabéns por conseguilo, aínda non sei ben como, pero parece que temos
versión oficial de Firefox 4 en galego.

Moi bo traballo ifrit coas contas de difusión. Eu estou vendo de mover
o tema de galician.mozdev. Estou tentando porme en contacto coa xente
de br.mozdev.org, xa que me gusta o estilo de páxina que teñen para
saber como facer algo similar. Tamén vou volver a solicitar a
integración de drupal para escribir novas. Xa me creei un usuario e a
ver se mo aproban e consigo poder ligar as entradas do drupal no noso
sitio.

Vou ver de por unha nova na web da OSL, para que a repliquen en
Mancomun e a ver se a xente dos gulgs lle dá difusión.

Calquera suxestión será benvida.

Un saúdo.

Responderlle a