2011/3/23 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> 2011/3/23 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>:
>> Boas a todos.
>>
>> Parabéns por conseguilo, aínda non sei ben como, pero parece que temos
>> versión oficial de Firefox 4 en galego.
>>
>> Moi bo traballo ifrit coas contas de difusión. Eu estou vendo de mover
>> o tema de galician.mozdev. Estou tentando porme en contacto coa xente
>> de br.mozdev.org, xa que me gusta o estilo de páxina que teñen para
>> saber como facer algo similar. Tamén vou volver a solicitar a
>> integración de drupal para escribir novas. Xa me creei un usuario e a
>> ver se mo aproban e consigo poder ligar as entradas do drupal no noso
>> sitio.
>>
>> Vou ver de por unha nova na web da OSL, para que a repliquen en
>> Mancomun e a ver se a xente dos gulgs lle dá difusión.
>
> Xa postos podíamos envialo a medios xeralistas (xornais, radios,
> etc.). Non somos Apple nin Microsoft, pero debería ter algo de eco ;)
>
> Se alguén ten por aí a man un directorio de medios xa sería perfecto :D
>
>>
>> Calquera suxestión será benvida.
>

Hoxe puiden pechar a miña intervención en CorreoTV (Compostela9 nun
debate sobre o galego nas novas tecnoloxías, recomendando a
instalación do novo Firefox.
Emítese hoxe ás 9.30 da noite... voume alá a ver se me vexo

:-)



>
>> Un saúdo.
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
>
> --
> ====================
> http://about.me/ifrit
> ====================
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

Responderlle a