2011/3/24 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> 2011/3/23 Anton Meixome <meixome en certima.net>:
>> 2011/3/23 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>>> 2011/3/23 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>:
>>>> Boas a todos.
>>>>
>>>> Parabéns por conseguilo, aínda non sei ben como, pero parece que temos
>>>> versión oficial de Firefox 4 en galego.
>>>>
>>>> Moi bo traballo ifrit coas contas de difusión. Eu estou vendo de mover
>>>> o tema de galician.mozdev. Estou tentando porme en contacto coa xente
>>>> de br.mozdev.org, xa que me gusta o estilo de páxina que teñen para
>>>> saber como facer algo similar. Tamén vou volver a solicitar a
>>>> integración de drupal para escribir novas. Xa me creei un usuario e a
>>>> ver se mo aproban e consigo poder ligar as entradas do drupal no noso
>>>> sitio.
>>>>
>>>> Vou ver de por unha nova na web da OSL, para que a repliquen en
>>>> Mancomun e a ver se a xente dos gulgs lle dá difusión.
>>>
>>> Xa postos podíamos envialo a medios xeralistas (xornais, radios,
>>> etc.). Non somos Apple nin Microsoft, pero debería ter algo de eco ;)
>>>
>>> Se alguén ten por aí a man un directorio de medios xa sería perfecto :D
>>>
>>>>
>>>> Calquera suxestión será benvida.
>>>
>>
>> Hoxe puiden pechar a miña intervención en CorreoTV (Compostela9 nun
>> debate sobre o galego nas novas tecnoloxías, recomendando a
>> instalación do novo Firefox.
>> Emítese hoxe ás 9.30 da noite... voume alá a ver se me vexo
>
> Estiveches moi ben, Meixome! (eu vino nunha repeticióna a altas horas
> da noite) A ver se o colgan en Youtube un día destes e lle damos algo
> de bola ;)

Está ao fondo desta nova: http://codigocero.com/O-galego-nas-TIC-a-debate-en

Responderlle a