Penso que é un tema recorrente, pero en calquera caso, vén a conto.

Para min o problema é o xeito de traballar, deberíamos de ter acceso a unha
plataforma web onde poder ver as cadeas, os proxectos... en marcha e que
cada un vaia aportando cando e como poida.

A min pásame un pouco coma a Angel, ou leo os correos tarde ou cando os leo
non teño tempo/non me apetece...

Existe ou non a posibilidade de traballar desde unha plataforma web ou ten
que ser/vai ser así para sempre???

Como fan as equipas doutras linguas??

Saúdos

2011/6/20 Angel Domínguez <angeldomcer en yahoo.es>

> Mira, Enrique:
> Non che sei os demais, pero eu son persoa que traballa (se ser funcionario
> conta como traballar), ten muller e fillos. É dicir:
>
>    1. Non me conecto ao correo cada 5 minutos, senón cando podo
>    (normalmente unha vez ao día).
>    2. Non dispoño de tempo ilimitado, nin fixo cada día, depende do
>    momento e do día, pode ir de horas a nada.
>
> Cando me decidín a colaborar, non sei se me expliquei, pero fíxeno pensando
> en ter tempo para ver o que hai por facer, escoller algo que estea ao meu
> alcance (técnico e idomático) e facelo, respectando uns plazos pero tendo
> tempo suficiente.
>
> Atópome con que durante días, moitos, incluso semanas non hai sinais de
> nada que facer, todo está traducido e en Mozilla reina a "pax romana". Pero,
> de repente, hai que traducir isto, aquilo, o de máis alá e ten que se xa, ou
> mellor para onte... Eu non podo facer iso, nin me enche persoalmente nin
> teño tempo para facelo. E como normalmente leo estes avisos un ou dous días
> depois, dou por feito que xa chego tarde.
>
> Só dúas suxerencias:
>
>    1. Deberíamos ter unha visión xeral de como vai o proxecto en sí, e non
>    recibir só chispazos "falta isto, hai que dar con isto..." Se colaboro
>    gustariame saber en que, como contribúe ao proxecto as 4 ou 400 cadeas que
>    traduzo, como vai a marcha global...
>    2. Estou disposto a colaborar pero necesito tempo, non creo que nun
>    proxecto que se mantén en boa parte sobre o traballo dos voluntarios todo 
> o
>    que se necesite teña que ser para onte. Creo que hai que programar as 
> cousas
>    con máis calma. As linguas minoritarias non podemos competir en cantidade
>    coas maioritarias, pero si en calidade: do material traducido e do
>    funcionamento do equipo de voluntarios. É máis importante que todos nos
>    sintamos implicados e "protagonistas" do que imos conseguindo que ter a
>    tradución unha hora antes ou despois.
>
> Para rematar dúas cousiñas:
>
>    1. Alégrome que a miña tradución das características dea sinais de
>    vida, empezaba a pensar que había algún problema ou que se perdera.
>    2. Eu me encargo de traducir a enquisa, pero xa podedes esperar unha
>    semaniña polo menos.
>
> Un saúdo,
> Ángel
>
> ------------------------------
> *De:* Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>
> *Para:* Traducion ao galego de Mozilla <galician en mozdev.org>
> *Enviado:* lun,20 junio, 2011 17:15
> *Asunto:* [Galician] [Colaboracións] Paso adiante de quen queira colaborar
> nas traducións
>
> Ola a todos.
>
> Primeiro de nada, teño que darme un tirón de orellas, porque non dou
> cumprido coas miñas tarefas. A primeira delas era organizar a forma na
> que todos poiderades colaborar coa tradución dos produtos de Mozilla.
> Volvo a solicitar voluntarios que queiran colaborar e que tempo e
> tarefas estaríades dispostos a realizar.
>
> Ultimamente pido axuda coas traducións de páxinas web ou con cadeas
> soltas e non estou atopando colaboración. Esta fin de semana, envieu
> un correo no que había que traducir unha serie de cadeas dunha enquisa
> e nin sequera unha persoa suxeriu algunha tradución. Non é preciso
> traducir todo, simplemente traducir as cadeas que un sabe ou que tivo
> tempo e enviar o correo a rolda. Con esas suxestións, pódese traducir
> a enquisa ou axudarme a min a rematar o que falte.
>
> Como nadie contestou ao correo, hoxe tiven que traducir eu só estas
> tres páxinas web, que abriron mediante bugs de alta prioridade ao
> longo da mañá:
>
> http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/5.0/start
> http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/5.0/whatsnew
> http://www-trunk.stage.mozilla.com/gl/firefox/aurora/details/
>
> A enquisa, non sei a urxencia que terá, pero como non é prioritaria
> para ter os produtos con versión oficial en galego, queda na cola dos
> traballos a espera da vosa colaboración.
>
> Espero saber cantos da lista vades dar un paso adiante e a ver se
> desta vez dou organizado o traballo. A documentación terá que esperar.
>
> Saúdos.
>
> PD: sei que teño pendente de revisar a páxina de características do
> Firefox 4, que traduciu un de vos. Xa comecei con ela e coas
> anotacións para enviarlle ao tradutor voluntario, pero non levo tido
> tempo para máis. Así que, a persoa en cuestión, que sepa que estou con
> elo e que me disculpe polo retraso.
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20110620/63ea41c6/attachment-0001.html>

Responderlle a