Ola a todos.

Primeiro de nada, teño que darme un tirón de orellas, porque non dou
cumprido coas miñas tarefas. A primeira delas era organizar a forma na
que todos poiderades colaborar coa tradución dos produtos de Mozilla.
Volvo a solicitar voluntarios que queiran colaborar e que tempo e
tarefas estaríades dispostos a realizar.

Ultimamente pido axuda coas traducións de páxinas web ou con cadeas
soltas e non estou atopando colaboración. Esta fin de semana, envieu
un correo no que había que traducir unha serie de cadeas dunha enquisa
e nin sequera unha persoa suxeriu algunha tradución. Non é preciso
traducir todo, simplemente traducir as cadeas que un sabe ou que tivo
tempo e enviar o correo a rolda. Con esas suxestións, pódese traducir
a enquisa ou axudarme a min a rematar o que falte.

Como nadie contestou ao correo, hoxe tiven que traducir eu só estas
tres páxinas web, que abriron mediante bugs de alta prioridade ao
longo da mañá:

http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/5.0/start
http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/5.0/whatsnew
http://www-trunk.stage.mozilla.com/gl/firefox/aurora/details/

A enquisa, non sei a urxencia que terá, pero como non é prioritaria
para ter os produtos con versión oficial en galego, queda na cola dos
traballos a espera da vosa colaboración.

Espero saber cantos da lista vades dar un paso adiante e a ver se
desta vez dou organizado o traballo. A documentación terá que esperar.

Saúdos.

PD: sei que teño pendente de revisar a páxina de características do
Firefox 4, que traduciu un de vos. Xa comecei con ela e coas
anotacións para enviarlle ao tradutor voluntario, pero non levo tido
tempo para máis. Así que, a persoa en cuestión, que sepa que estou con
elo e que me disculpe polo retraso.

Responderlle a