2011/7/26 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> Boas.
>
> Dade ideas. Non tiña pensado nada concreto, pero unha páxina de
> desargas dos proxectos en galego, un quen somos, como colaborar e o
> censo (daquel que non lle importe aparecer e o tipo de participación
> no proxecto). Aparte dunha zona de axuda ou documentación.
>
> Pouco máis. O que iría de entrada, nin idea. O

Habería que ter ligazóns para as descargas das últimas versións (ben
visibles nada máis cargar a páxina inicial), despois habería que ter
novas, documentación sobre o proceso de tradución, instruccións sobre
como colaborar e inscribirse na rolda de correo, ligazón aos arquivos
da rolda, algo de información sobre os colaboradores históricos e
actuais e a historia de tradución de Mozilla e derivados ao galego,
quizais poñer nalgún panel un choio para mostrar as últimas mensaxes
no twitter (ou semellantes) sobre firefox en galego, vídeos
promocionais (os que se acaban de traducir), ...

Non entro máis aló na disposición de todo isto nas páxinas, pero as
novas e as ligazóns de descarga e á información sobre como colaborar
deberían estar ben visibles.

Ben, déixovos e vou ver se sigo con proxecto, que xa bastante tempo perdín 
hoxe.

Deica

Responderlle a