Boas.

Xa teño datos para entrar no Drupal. Non sei exactamente como crear un
blogue propio ou unha categoría propia para mozilla dentro, que
ademáis nun futuro teña a nosa  imaxe.

Sei que Damufo ten permisos para facelo. Se podes crea o que
precisamos para que despois eu poida seguir e comezar a meter
contidos. Por agora non teremos tema, pero si que podemos meter o logo
das comunidades de mozilla.

https://wiki.mozilla.org/MCS:Logo

Comunidade Mozilla Galega (por exemplo).

Damufo, o antes posíbel dentro das túas posibilidades de tempo, e así,
a ver se eu creo o contido necesario para que a xente poida saber de
nos. Un quen somos, como colaborar, onde descargar os produtos en
galego, novas e algunha outra cousa máis.

Saúdos.

2011/7/24 Anton Meixome <meixome en certima.net>:
> En Trasno confirman que a comunidade Mozilla ten todos os permisos
> "burocráticos" para arrincar co blog e co subdominio. Só hai que
> utilizalo e crear o contido.
>
> Non hai nada a que esperar.
>
>
>
> 2011/7/21 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>> 2011/7/21 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
>>> Boas.
>>>
>>> Todos se basan no mesmo tema do outro día. A idea é comezar con algo
>>> que teña pinta de mozilla e chegado o momento, cambialo pola nosa
>>> imaxe, a que pode ter incluso logo propio.
>>
>> Eu creo que coa imaxe de Mozilla Communities é suficiente, o noso logo
>> é o galego (que bonito me quedou iso, eh? :D
>>
>>>
>>> O tema é ter unha web para que eu, poida organizar todo e que poidamos
>>> ter un sitio centralizado no que publicar as novas do proxecto, onde a
>>> xente se poida informar e pouco máis. Tampouco nos pode quitar tempo
>>> do primordial, que é traducir.
>>>
>>> A ver se comezamos con isto, xa que precisamos visibilidade e definir
>>> como colaborar co proxecto e sobre todo, xente que se queira encargar
>>> de cousas concretas sen ser un hobby, cun compromiso de realizalas.
>>>
>>> Saúdos.
>>>
>>> 2011/7/21 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>>>> 2011/7/21 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>>>>> De todos os deseños enviados, este deseño gústachemevos moito:
>>>>> http://mozilladanmark.dk/
>>>>>
>>>>> Non lin todo o fío, pero non sei se pensastes nos elementos que se van
>>>>> mostrar no sitio, é dicir: ligazóns para descargas, novas, mensaxes de
>>>>> twitter, sección con instruccións do proceso de localización,
>>>>> información sobre a rolda de correo (como apuntarse, como consultar os
>>>>> arquivos da rolda), "xente de Mozilla Galicia", vídeos promocionais
>>>>> (os que se acaban de traducir), ...
>>>>>
>>>>> Creo que isto é tan importante ou máis que a pinta que poida ter o 
>>>>> sitio.
>>>>
>>>> Inda non se falou de nada diso. Nin sequera sabemos se se vai facer,
>>>> ou quen a vai facer, ou...
>>>> Nesas páxinas de exemplo vese que, alén do deseño, hai distintos tipos
>>>> de páxina, con máis ou menos información, etc. etc.
>>>>
>>>>>
>>>>> Deica
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Galician mailing list
>>>>> Galician en mozdev.org
>>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> --
>>>> ====================
>>>> http://about.me/ifrit
>>>> ====================
>>>> _______________________________________________
>>>> Galician mailing list
>>>> Galician en mozdev.org
>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>
>>
>>
>> --
>> ====================
>> http://about.me/ifrit
>> ====================
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
>
> --
> Antón Méixome - TDF member 105
> Blog about Galician Office Suite
> Galician community OOo.org & LibO
> http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a