Boas.

Todos se basan no mesmo tema do outro día. A idea é comezar con algo
que teña pinta de mozilla e chegado o momento, cambialo pola nosa
imaxe, a que pode ter incluso logo propio.

O tema é ter unha web para que eu, poida organizar todo e que poidamos
ter un sitio centralizado no que publicar as novas do proxecto, onde a
xente se poida informar e pouco máis. Tampouco nos pode quitar tempo
do primordial, que é traducir.

A ver se comezamos con isto, xa que precisamos visibilidade e definir
como colaborar co proxecto e sobre todo, xente que se queira encargar
de cousas concretas sen ser un hobby, cun compromiso de realizalas.

Saúdos.

2011/7/21 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> 2011/7/21 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>> De todos os deseños enviados, este deseño gústachemevos moito:
>> http://mozilladanmark.dk/
>>
>> Non lin todo o fío, pero non sei se pensastes nos elementos que se van
>> mostrar no sitio, é dicir: ligazóns para descargas, novas, mensaxes de
>> twitter, sección con instruccións do proceso de localización,
>> información sobre a rolda de correo (como apuntarse, como consultar os
>> arquivos da rolda), "xente de Mozilla Galicia", vídeos promocionais
>> (os que se acaban de traducir), ...
>>
>> Creo que isto é tan importante ou máis que a pinta que poida ter o sitio.
>
> Inda non se falou de nada diso. Nin sequera sabemos se se vai facer,
> ou quen a vai facer, ou...
> Nesas páxinas de exemplo vese que, alén do deseño, hai distintos tipos
> de páxina, con máis ou menos información, etc. etc.
>
>>
>> Deica
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
>
> --
> ====================
> http://about.me/ifrit
> ====================
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a