Ola.

Fixen unhas cantas probas máis.

O ficheiro .xpi de Lightning en galego da ligazón traballa coas
seguintes versións:

Versión 5.0 do Thunderbird:
http://releases.mozilla.org/pub/mozilla.org/thunderbird/releases/latest/linux-i686/gl/

Versión 5.0b2pre do Thunderbird para Linux-i686:
http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/thunderbird/nightly/latest-comm-miramar-l10n/

Non me funcionou nin coa versión 6 (supoño comm-beta, pero que aparece
como 6.0b2-candidates), nin coa 7 (comm-aurora ou earlybyrd), nin coa
8 (comm-central dentro das nightly) do Thunderbird.

Tamén podo comentar, que xa temos os repositorios OK en Mozilla. Agora
tocará corrixir erros e comezar a aplicar os consensos das dúas
Trasnadas.

https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl

Saúdos.

2011/8/6 keko.gl <eu en keko.me>:
> Ola.
>
> Eu teño instalado o Thunderbird 5.0, pero descargado desde o ftp, co que
> realmente non o teño instalado, simplemente fago dobre clic no ficheiro
> executábel. E se vou ao menú Axuda e premo en Sobre dime que está
> actualizada a versión que teño.
>
> Antes de instalar o Thunderbird instalei o complemento Quick Locale Switcher
> 1.7.5, xa non me acordo para que ou si xa ben instalado nesta versión, pero
> o certo é que está ahí.
>
> Descargueime o ficheiro .xpi que vos indiquei na ligazón e desde o xestor de
> complemento, prema na icona das ferramentas e dígolle instalar complemente
> desde un ficheiro e saeme o selector do ficheiro. Selecciono e aos poucos
> segundos saeme o de se quero instalar un complemento non confiábel. Dígolle
> que si e xa me di que para rematar a instalación reinicie o Thunderbird.
> Reinicio e xa aparece nos menús a maiores. Está traducido e hai algunha
> cousa mellorábel. De entrada xa corrixín dous atallos de teclado que non
> aparecían na letra do menú e poñíao ao lado en plan Evento (F) e non 
> quedaba
> nada ven. Corrixín onde cría que era. Ata a próxima compilación que será
> hoxe a noite non podo saber se atinei.
>
> Probei a instalalo no Thunderbird 8.x.x algo e non ía, decía que non eran
> compatíbeis. Aquí non puiden instalar o quick locale switcher, non mo atopou
> o xestor de complementos.
>
> Proba con outras versións e a ver se hai sorte.
>
> Saúdos.
>
> En 06/08/11 22:30, damufo escribiu:
>>
>> Boas:
>> Grazas, non son quen de instalar a extensión no thunderbird 5.0 di que a
>> versión non é compatible.
>> Probei a mudar a versión o ficheiro install.rdf e segue sen ir, algunha
>> idea?
>>
>> En 2011/08/06 17:10, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>>
>>> Boas.
>>>
>>> Xa está traducido o Lightning ao galego. A ver canto tardo en que o
>>> collan de forma oficial. Podedes probalo como extensión para o
>>> Thunderbird descargándoo desde aquí:
>>>
>>>
>>> http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/calendar/lightning/nightly/latest-comm-miramar-l10n/linux-xpi/
>>>
>>> Xa atopei algún fallo que espero resolver ao longo do fin de semana.
>>> As tradución son mellorábeis pero corría présa para que os de Ubuntu
>>> metan a versión traducida na versión 11.10 que traerá por defecto
>>> Thunderbird (ista foi a principal motivación da recuperación da
>>> tradución deste proxecto).
>>>
>>> Saúdos.
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>

Responderlle a