Boas:
Vaia despiste!!
Non me fixei que a ligazón que enviaches é a de linux. Descarguei o 
complemento para win e xa foi correcto. Eu non teño o quick locale 
switcher, o que eu teño é o dictionary switcher.
Xa contarei se detecto algo. Antes tiña a versión en inglés xa que 
emprego o engadido (ind que non moito)

Moitas grazas!!

En 2011/08/06 23:26, keko.gl escribiu:
> Ola.
>
> Eu teño instalado o Thunderbird 5.0, pero descargado desde o ftp, co 
> que realmente non o teño instalado, simplemente fago dobre clic no 
> ficheiro executábel. E se vou ao menú Axuda e premo en Sobre dime que 
> está actualizada a versión que teño.
>
> Antes de instalar o Thunderbird instalei o complemento Quick Locale 
> Switcher 1.7.5, xa non me acordo para que ou si xa ben instalado nesta 
> versión, pero o certo é que está ahí.
>
> Descargueime o ficheiro .xpi que vos indiquei na ligazón e desde o 
> xestor de complemento, prema na icona das ferramentas e dígolle 
> instalar complemente desde un ficheiro e saeme o selector do ficheiro. 
> Selecciono e aos poucos segundos saeme o de se quero instalar un 
> complemento non confiábel. Dígolle que si e xa me di que para rematar 
> a instalación reinicie o Thunderbird. Reinicio e xa aparece nos menús 
> a maiores. Está traducido e hai algunha cousa mellorábel. De entrada 
> xa corrixín dous atallos de teclado que non aparecían na letra do menú 
> e poñíao ao lado en plan Evento (F) e non quedaba nada ven. Corrixín 
> onde cría que era. Ata a próxima compilación que será hoxe a noite non 
> podo saber se atinei.
>
> Probei a instalalo no Thunderbird 8.x.x algo e non ía, decía que non 
> eran compatíbeis. Aquí non puiden instalar o quick locale switcher, 
> non mo atopou o xestor de complementos.
>
> Proba con outras versións e a ver se hai sorte.
>
> Saúdos.
>
> En 06/08/11 22:30, damufo escribiu:
>> Boas:
>> Grazas, non son quen de instalar a extensión no thunderbird 5.0 di 
>> que a versión non é compatible.
>> Probei a mudar a versión o ficheiro install.rdf e segue sen ir, 
>> algunha idea?
>>
>> En 2011/08/06 17:10, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>> Boas.
>>>
>>> Xa está traducido o Lightning ao galego. A ver canto tardo en que o
>>> collan de forma oficial. Podedes probalo como extensión para o
>>> Thunderbird descargándoo desde aquí:
>>>
>>> http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/calendar/lightning/nightly/latest-comm-miramar-l10n/linux-xpi/
>>>  
>>>
>>>
>>> Xa atopei algún fallo que espero resolver ao longo do fin de semana.
>>> As tradución son mellorábeis pero corría présa para que os de Ubuntu
>>> metan a versión traducida na versión 11.10 que traerá por defecto
>>> Thunderbird (ista foi a principal motivación da recuperación da
>>> tradución deste proxecto).
>>>
>>> Saúdos.
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a