---------- Mensaxe reenviada ----------
De: Alejo Pacín Jul <[email protected]>
Data: 18:08 do 15 de febreiro de 2017
Asunto: [Offtopic] Proxecto Abalar nun SPC Smartee Winbook 1.1
Para: Trasno - Lista <[email protected]>


Ola xentiña!

Hoxe chamoume un antigo compañeiro que está de mestre nun colexio da zona,
que seica ten sobre uns 30 equipos convertibles tablet-pc modelo SPC
Smartee Winbook 1.1, ós que seica lles deixan de dar soporte agora.

Concretamente viña preguntándome se sería posible instalarlles a distro de
Abalar. Que seica o equipo de soporte lle dixo que non porque os equipos
viñan capados dalgunha maneira (eu a isto último non lle faría moito caso
porque cheira a xogada comercial pra vender equipos novos).

Eu comenteille que realmente sendo unha tablet cun teclado a maiores, sería
complicado, pero que había de preguntar.

E como me quere soar que algún de vós estivo metido no proxecto dalgunha
maneira, quería preguntarvos se saberiades a onde podo dirixir a consulta.

Graciñas de antemán.

Saúdos,

Alejo.

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=25&h=38d2c94167a4bd6f8b3a590512d40c86ca585b95&sa=442176192




powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for WordPress, more 
information: https://wpmailster.com

Responderlle a