2017-02-21 13:25 GMT+01:00 Alberto PM <[email protected]>: > Ola, bo día! > > O meu nome é Alberto e quixera colaborar, na medida das miñas posibilidades, > en traducións ao galego de distintos aplicativos e demais. > > Estiven falando con Rafael Gaioso que xa me puxo un pouco ao tanto no > proceder nas traducións levadas a cabo polas persoas que colaboran no > proxecto. > > Son consciente das miñas limitacións nas traducións, dado que non son > especialista en temas de lingua galega. Pero confío en poder suplir esas > carencias cos coñecementos que teño no eido da informática e co uso das > vosas recomendacións e ferramentas postas ao noso alcance. > > Un saúdo e boa xornada.
Benvido, antes de nada ninguén naciu sabendo de todo, para iso está a vida. Seguro que ao igual que moitos de nós irás aprendendo a medida que vaias traducindo. Cando se trata de novos tradutores normalmente o mellor é que empecen a traducir algún programa que usen a miúdo e que non estea completamente traducido, tes algunha preferencia? Saúdos > Alberto Prieto Magdalena. - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Desubscribirse no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=27&h=e3fb2419388d8815d35c7741ab2f6118420096c8&sa=764362569 powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for WordPress, more information: https://wpmailster.com
