Ola, bo día! O meu nome é Alberto e quixera colaborar, na medida das miñas posibilidades, en traducións ao galego de distintos aplicativos e demais.
Estiven falando con Rafael Gaioso que xa me puxo un pouco ao tanto no proceder nas traducións levadas a cabo polas persoas que colaboran no proxecto. Son consciente das miñas limitacións nas traducións, dado que non son especialista en temas de lingua galega. Pero confío en poder suplir esas carencias cos coñecementos que teño no eido da informática e co uso das vosas recomendacións e ferramentas postas ao noso alcance. Un saúdo e boa xornada. Alberto Prieto Magdalena. - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Desubscribirse no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=26&h=79ebe0461c2af9da188b4d949442380cf7ec6cec&sa=337255035 powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for WordPress, more information: https://wpmailster.com
