2017-03-15 10:04 GMT+01:00 Leandro Regueiro <[email protected]>:

>
>
> 2017-03-13 18:15 GMT+01:00 Dani <[email protected]>:
>
>> Boas Leandro e Miguel:
>>
>> Que tal? Agardo que todo vos vaia ben.
>>
>> Acabo de enviar unhas poucas traducións a modo de proba aquí:
>> https://www.transifex.com/xfce/xfce4-session/language/gl/
>> Subinas a máster, é aí onde hai que traducir, non?
>> Para futura versión XFCE 4.14 é tamén aí onde hai que enviar as
>> traducións?
>>
>> Pode alguén revisar as miñas traducións?
>>
>
> Ola,
> revisei algunhas das traducións (as que obviamente son correctas). O certo
> é que eu estou desconectado da tradución de XFCE desde hai anos. Non sei se
> Miguel a segue mantendo.
>
>
>
>> Finalmente quería saber se hai algunha guía de estilo específica de XFCE
>> porque vin algunha cadea que emprega a segunda forma do artigo por exemplo:
>> «Non é posíbel elimina-lo tema de arrinque «%s» do directorio %s.»
>>
>
> Iso debe ser un erro de tradución. A guía de estilo e a terminoloxía é a
> do proxecto Trasno.
>

Ola de novo,
acabo de lle botar outro ollo ás traducións e é como se desfixeran todo o
traballo de limpeza que fixera xusto antes de deixar de manter a tradución
de XFCE: traducións en castelán, terminoloxía antiga, galego coloquial,
segunda forma do artigo...

Se queres podes revisar todas as traducións existentes.


Saúdos

Tamén quería comentar que me chama atención que no escritorio  XFCE 4.12
>> teña cousas sen traducir que parece que si están traducidas en máster por
>> exemplo:
>>
>>
>>
>> Sabedes a que pode ser debido.
>>
>
> Como xa dixen hai anos que non manteño a tradución. Creo que a última vez
> que traducín foi a 4.10, así que polo medio seguro que houbo cadeas sen
> traducir. E ata pode que se coaran traducións feitas por terceiras persoas
> e que non seguen as pautas do Proxecto Trasno.
>
> Insisto en que estou desconectado de XFCE e descoñezo se hai alguén
> ocupándose agora mesmo.
>
>
> Saúdos
>
>
>> Saúdos e grazas!
>>
>>
>>
>> --
>> Dani
>>
>>
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=31&h=35455c55929c60101fde8126ef8970c5c290658e&sa=620749289




powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for WordPress, more 
information: https://wpmailster.com

  • Re: XFCE Leandro Regueiro

Responderlle a