Ola.
Eu tamén hai tempo que non fago nada nel. As últimas veces interesábame
especialmente o navegador Midori (para MiniNo) pero como xa leva tempo
funcionando como o cu, pois xa non entro aí.
No seu momento estaba todo conforme a terminoloxía e regras de Trasno.

Saúdos.


O 10:11 do 15 de marzo de 2017, Leandro Regueiro <[email protected]
> escribiu:

>
>
> 2017-03-15 10:04 GMT+01:00 Leandro Regueiro <[email protected]>:
>
>>
>>
>> 2017-03-13 18:15 GMT+01:00 Dani <[email protected]>:
>>
>>> Boas Leandro e Miguel:
>>>
>>> Que tal? Agardo que todo vos vaia ben.
>>>
>>> Acabo de enviar unhas poucas traducións a modo de proba aquí:
>>> https://www.transifex.com/xfce/xfce4-session/language/gl/
>>> Subinas a máster, é aí onde hai que traducir, non?
>>> Para futura versión XFCE 4.14 é tamén aí onde hai que enviar as
>>> traducións?
>>>
>>> Pode alguén revisar as miñas traducións?
>>>
>>
>> Ola,
>> revisei algunhas das traducións (as que obviamente son correctas). O
>> certo é que eu estou desconectado da tradución de XFCE desde hai anos. Non
>> sei se Miguel a segue mantendo.
>>
>>
>>
>>> Finalmente quería saber se hai algunha guía de estilo específica de XFCE
>>> porque vin algunha cadea que emprega a segunda forma do artigo por exemplo:
>>> «Non é posíbel elimina-lo tema de arrinque «%s» do directorio %s.»
>>>
>>
>> Iso debe ser un erro de tradución. A guía de estilo e a terminoloxía é a
>> do proxecto Trasno.
>>
>
> Ola de novo,
> acabo de lle botar outro ollo ás traducións e é como se desfixeran todo o
> traballo de limpeza que fixera xusto antes de deixar de manter a tradución
> de XFCE: traducións en castelán, terminoloxía antiga, galego coloquial,
> segunda forma do artigo...
>
> Se queres podes revisar todas as traducións existentes.
>
>
> Saúdos
>
> Tamén quería comentar que me chama atención que no escritorio  XFCE 4.12
>>> teña cousas sen traducir que parece que si están traducidas en máster por
>>> exemplo:
>>>
>>>
>>>
>>> Sabedes a que pode ser debido.
>>>
>>
>> Como xa dixen hai anos que non manteño a tradución. Creo que a última vez
>> que traducín foi a 4.10, así que polo medio seguro que houbo cadeas sen
>> traducir. E ata pode que se coaran traducións feitas por terceiras persoas
>> e que non seguen as pautas do Proxecto Trasno.
>>
>> Insisto en que estou desconectado de XFCE e descoñezo se hai alguén
>> ocupándose agora mesmo.
>>
>>
>> Saúdos
>>
>>
>>> Saúdos e grazas!
>>>
>>>
>>>
>>> --
>>> Dani
>>>
>>>
>>
>


-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=46&h=0926cce7ba43b9a7bf652b7ebe13aa379fe670b8&sa=775604114




powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for WordPress, more 
information: https://wpmailster.com

  • Re: XFCE Leandro Regueiro
    • Re: XFCE Miguel Bouzada

Responderlle a