Eu diría que o mellor é que escollas un programa ou un grupo de programas
polo que comezar. Aínda que é moi noble pola túa parte ofrecerte a traducir
calquera cousa, na miña experiencia é mellor intentar traballar en cousas
que polo menos uses de cando en vez, tanto para manter certa motivación
como para permitirte atopar erros ou aspectos a mellorar unha vez a
tradución estea completa. Recomendo que penses nos programas que adoitas
usar, e que penses en cal deles ten unha tradución máis incompleta (ou
inexistente) ou unha calidade menor (na túa opinión).

A partires de aí podemos darte instrucións axeitadas concretamente a ese
programa ou programas, porque aínda que a meirande parte dos programas se
traducen usando un sistema de control de versións (Git, Subversion…) e
calquera ferramenta de tradución asistida por computador (Lokalize, OmegaT,
PoEdit, Virtaal…), os haberá que non se traduzan así, e aínda que sí se
traduzan así igual hai que seguir algún proceso inicial para darse de alta
como tradutor.

Unha vez empeces a traducir, sería interesante que lle botases un ollo a
termos.trasno.gal para ver as nosas escollas de vocabulario, que é
preferible que sigas por consistencia. Hai outras máis xenéricas, de estilo
(uso de -bél, uso da forma de respecto), que probablemente teñamos
documentadas nalgures pero que probablemente vaias descobrindo aos poucos.

2018-03-06 1:44 GMT+01:00 José Mariño <jmarinho...@gmail.com>:

> Ola
>
> O meu nome é José traballo nun Instituto de secundaria coma conserxe e
> tamén estou facendo o ciclo superior de ASIR a distancia. No instituto
> axudo tamén á xente de TIC's sobre todo no tema de equipos con GNU/Linux
> xa que son usuario desde hai 6 anos e son talvez o que máis experiencia
> e coñecementos ten dos que estamos no centro.
>
> Gustaríame axudar no proxecto porque acho que unha das mellores maneiras
> de facer que a nosa lingua poida sobrevivir é facendo que chegue e estea
> presente en todos os ámbitos. Ademais tamén defendo o uso do software
> libre. Por iso penso que o que se fai neste proxecto é importante porque
> achega o galego á tecnoloxía e o software libre á poboación galegofalante.
>
> Non teño nin idea de por onde comezar así que agardo que me digades os
> que levades máis tempo en función das necesidades do proxecto e de que
> tamén preciso ir pouco a pouco para ir aprendendo, xa que non teño moita
> experiencia previa. Algo si que fixen ai tempo en Transfirex traducín un
> aplicativo non oficial (quero dicir que non pertencía ao núcleo do
> proxecto, era de un terceiro) para ElementaryOS, que era o que tiña
> instalado de aquelas, que se chamaba algo así como Elementary-Tweaks e
> que permitía configurar de xeito gráfico máis cousas das que permitía a
> ferramenta de axustes que tiña instalado por defecto. Agora mesmo nin
> sei se sigue existindo.
>
> Agora uso tanto no traballo como no meu propio PC a distribución
> Kubuntu, ou Lubuntu se teño que facelo nun equipo máis limitado.
>
> Nada máis agardo que me orientedes un pouco
>
> Boa noite
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Desubscribirse no URL : http://trasno.gal/web?confirm_
> unsubscribe=indeed&m=775&h=bb45b84e36c567249a00003deaf927
> ca02a45474&sa=1314569029
>
>
>
>
> powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for WordPress,
> more information: https://wpmailster.com
>
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1044&h=288484fca2c80a9c6d83260733077f4618cb1edd&sa=293592970

Reply via email to