Pois grazas polos consellos.

Estes días vou andar máis liado porque teño exames no ciclo así que non 
teño moito tempo para adicarlle. Xa comecei hai tempo un en Pontoon a 
suxerir algunhas traducións para o Mozilla Firefox. É un programa que 
uso e que agora mesmo está a medio traducir, así que encaixa nos 
criterios que me suxire Adrián.

O responsábel da tradución (Keko) que acho que está nesta lista, xa me 
deu uns criterios e orientacións para facer traducións que lle puidesen 
ser útiles e fun corrixindo as primeiras traducións que fixen. En 
principio para ir comezando podería centrarme en axudar co Firefox 
porque é un software usado amplamente e acho que debería ser 
prioritario. Unha vez pasada esta semana, retomareino e a ver se 
conseguimos telo traducido polo menos na súa maior parte.

Saúdos.
On 10/03/18 18:12, Adrián Chaves Fernández wrote:
> Eu diría que o mellor é que escollas un programa ou un grupo de 
> programas polo que comezar. Aínda que é moi noble pola túa parte 
> ofrecerte a traducir calquera cousa, na miña experiencia é mellor 
> intentar traballar en cousas que polo menos uses de cando en vez, 
> tanto para manter certa motivación como para permitirte atopar erros 
> ou aspectos a mellorar unha vez a tradución estea completa. Recomendo 
> que penses nos programas que adoitas usar, e que penses en cal deles 
> ten unha tradución máis incompleta (ou inexistente) ou unha calidade 
> menor (na túa opinión).
>
> A partires de aí podemos darte instrucións axeitadas concretamente a 
> ese programa ou programas, porque aínda que a meirande parte dos 
> programas se traducen usando un sistema de control de versións (Git, 
> Subversion…) e calquera ferramenta de tradución asistida por 
> computador (Lokalize, OmegaT, PoEdit, Virtaal…), os haberá que non se 
> traduzan así, e aínda que sí se traduzan así igual hai que seguir 
> algún proceso inicial para darse de alta como tradutor.
>
> Unha vez empeces a traducir, sería interesante que lle botases un ollo 
> a termos.trasno.gal para ver as nosas escollas de vocabulario, que é 
> preferible que sigas por consistencia. Hai outras máis xenéricas, de 
> estilo (uso de -bél, uso da forma de respecto), que probablemente 
> teñamos documentadas nalgures pero que probablemente vaias descobrindo 
> aos poucos.
>
> 2018-03-06 1:44 GMT+01:00 José Mariño <jmarinho...@gmail.com 
> <mailto:jmarinho...@gmail.com>>:
>
>     Ola
>
>     O meu nome é José traballo nun Instituto de secundaria coma conserxe e
>     tamén estou facendo o ciclo superior de ASIR a distancia. No instituto
>     axudo tamén á xente de TIC's sobre todo no tema de equipos con
>     GNU/Linux
>     xa que son usuario desde hai 6 anos e son talvez o que máis
>     experiencia
>     e coñecementos ten dos que estamos no centro.
>
>     Gustaríame axudar no proxecto porque acho que unha das mellores
>     maneiras
>     de facer que a nosa lingua poida sobrevivir é facendo que chegue e
>     estea
>     presente en todos os ámbitos. Ademais tamén defendo o uso do software
>     libre. Por iso penso que o que se fai neste proxecto é importante
>     porque
>     achega o galego á tecnoloxía e o software libre á poboación
>     galegofalante.
>
>     Non teño nin idea de por onde comezar así que agardo que me digades os
>     que levades máis tempo en función das necesidades do proxecto e de que
>     tamén preciso ir pouco a pouco para ir aprendendo, xa que non teño
>     moita
>     experiencia previa. Algo si que fixen ai tempo en Transfirex
>     traducín un
>     aplicativo non oficial (quero dicir que non pertencía ao núcleo do
>     proxecto, era de un terceiro) para ElementaryOS, que era o que tiña
>     instalado de aquelas, que se chamaba algo así como Elementary-Tweaks e
>     que permitía configurar de xeito gráfico máis cousas das que
>     permitía a
>     ferramenta de axustes que tiña instalado por defecto. Agora mesmo nin
>     sei se sigue existindo.
>
>     Agora uso tanto no traballo como no meu propio PC a distribución
>     Kubuntu, ou Lubuntu se teño que facelo nun equipo máis limitado.
>
>     Nada máis agardo que me orientedes un pouco
>
>     Boa noite
>
>
>     - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
>     proxecto@trasno.gal
>     - administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
>     - Desubscribirse no URL :
>     
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=775&h=bb45b84e36c567249a00003deaf927ca02a45474&sa=1314569029
>     
> <http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=775&h=bb45b84e36c567249a00003deaf927ca02a45474&sa=1314569029>
>
>
>
>
>     powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for
>     WordPress, more information: https://wpmailster.com
>
>


- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1047&h=57f527455d456b725c2911c6978e4b38a2b8c412&sa=1424053767

Responderlle a