Parada, Xosé
Levo tempo querendo retomalo. Parei para que Adrián levara a termo unha idea que tiña de reorganización bastante importante e fixo moito pero creo que non chegou a rematar polo que a cousa quedou asi un pouco no aire. En fin, hai 5 anos diso... incrible. De todas maneiras actualizo coa idea de que xa non é necesario compilar aquelas dúas versións: comunidade / Volg. Agora está por módulos e pódese levar como se queira, de feito calquera pode compilar a versión que lle pareza, e calquera pode contribuír porque esta en GitHub Para ben ser habería que lograr como mínimo unha versión actualizada cada ano e producir o paquete .oxt para que non nolo puxeran como sospeitoso de obsoleto, que non o é. Ademais había outra razón para un impass, a mellora máis importante e necesarísima para o corrector é a de que recoñeza derivados, como as palabras prefixadas, sufixadas e compostas. (poñer→ impoñer, supoñer, antepoñer, etc.) Non tiña "sentido" ningún incorporar palabra a palabra, cando menos dos cento e pico prefixos máis habituais. Hunspell non os recoñecía. pero agora si, desde non hai moito. Queda investigar como se aplica ao galego e facelo... O da RAG, algo é algo, menos de 200 termos que non sei se estarán xa metidos. Desde logo non son novidade nas nosas traducións de software. Antón 2018-03-13 23:54 GMT+01:00 Xosé <[email protected]>: > http://www.gciencia.com/ciencia/termos-matematicos-dicionario/ > > Como vai a actualización dos dicionarios para os correctores? > > Xosé > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] > - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno > - Desubscribirse no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1090&h=fcbe7831b2f9908eaac62151257d6a3f1e4d1963&sa=2040294403 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Desubscribirse no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1091&h=70effd73e94e4cecf884325a525e6047ae68d68c&sa=108560593
