Totalmente de acordo, Aínda onte mesmo estiven axudando a un deseñador a instalar os dicionarios para InDesign, porque non só funciona en software libre.
Lémbrovos - para falar do corrector ortográfico, en calquera das súas derivadas convén introducir a etiqueta [hunspell] do "asunto" de modo que poidamos seguir doadamente o asunto ao mesmo tempo que non molestar demasiado aos que non estean interesados, sen ter que crear lista á parte. - o máis cómodo para axudar cos aspectos léxicos é comentalos pola lista xeral con esa etiqueta. Logo, os que estamos no desenvolvemento imos metendo novidades no Github. A idea é procurar non dispersar a "conversa relevante" que queremos mantela na lista de Trasno. https://github.com/meixome/hunspell-gl/issues O último que falamos pola lista é de decembro do 2014, que estabamos en fase de probas dun montón de novidades: novos .dic e .aff que esperaban os vosos comentarios, sistema de compilación automático e personalizable (Adrián), creación dun paquete de probas para Mozilla e outro paquete para Debian (Fran), etc. Outra cousa importante era "matar o ispell" que se instala de modo predeterminado, en Debian. Para iso tiñamos que deixar pasar un certo tempo de modo que as distribucións fosen desbotando ese antigo corrector para substituílo polo hunspell, porque non hai color. Con respecto á incorporación de novidades do DRAG, creo que había ultimamente unha maneira de obter a lista de modificacións ou engadidos que fai a RAG. Antes había que analizar mediante diff o dicionario do Volg. En fin, poñémonos pouco a pouco de novo en marcha con isto tamén. Por certo, alguén sabe de que vai isto: https://github.com/elastic/hunspell/tree/master/dicts/gl O 18:09 do 14 de marzo de 2018, Xosé <[email protected]> escribiu: > Ben. Para min o corrector é importantísimo, máis que o software, se cabe: > Se nunha interface hai algo sen traducir ninguén se estraña; a fin de > contas estamos afeitos desde hai décadas. Pero que na liña anterior me > sinalase como erro "importantísimo" paréceme preocupante. Por unha parte > parece que no software libre nada é de calidade e, por outra parte, > desprestixia o galego, porque non parece un idioma "tecnolóxico" ao carecer > de ferramentas fiábeis deste tipo. > > A noticia que citei non era para que se aproveitasen eses termos. O certo > é que se están a incorporar termos continuamente, sen que necesariamente se > lles dea tanta publicidade. O problema é que penso que carecemos dun > mecanismo para ilos incorporando nós. > > Antón, por que non propós un plan de actualización e mantemento? Súmome eu > xa agora e, seguro que máis persoas. > > Xosé > > O 00:34 do 14 de marzo de 2018, Antón Méixome <[email protected]> > escribiu: > >> Parada, Xosé >> >> >> Levo tempo querendo retomalo. Parei para que Adrián levara a termo unha >> idea que tiña de reorganización bastante importante e fixo moito pero creo >> que non chegou a rematar polo que a cousa quedou asi un pouco no aire. En >> fin, hai 5 anos diso... incrible. >> >> De todas maneiras actualizo coa idea de que xa non é necesario compilar >> aquelas dúas versións: comunidade / Volg. Agora está por módulos e pódese >> levar como se queira, de feito calquera pode compilar a versión que lle >> pareza, e calquera pode contribuír porque esta en GitHub >> >> Para ben ser habería que lograr como mínimo unha versión actualizada cada >> ano e producir o paquete .oxt para que non nolo puxeran como sospeitoso de >> obsoleto, que non o é. >> >> Ademais había outra razón para un impass, a mellora máis importante e >> necesarísima para o corrector é a de que recoñeza derivados, como as >> palabras prefixadas, sufixadas e compostas. (poñer→ impoñer, supoñer, >> antepoñer, etc.) Non tiña "sentido" ningún incorporar palabra a palabra, >> cando menos dos cento e pico prefixos máis habituais. Hunspell non os >> recoñecía. >> >> pero agora si, desde non hai moito. Queda investigar como se aplica ao >> galego e facelo... >> >> O da RAG, algo é algo, menos de 200 termos que non sei se estarán xa >> metidos. Desde logo non son novidade nas nosas traducións de software. >> >> Antón >> >> >> >> >> >> >> 2018-03-13 23:54 GMT+01:00 Xosé <[email protected]>: >> >>> http://www.gciencia.com/ciencia/termos-matematicos-dicionario/ >>> >>> Como vai a actualización dos dicionarios para os correctores? >>> >>> Xosé >>> >>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] >>> - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno >>> - Desubscribirse no URL: >>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1090&h=fcbe7831b2f9908eaac62151257d6a3f1e4d1963&sa=2040294403 >>> >>> >> >> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] >> - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno >> - Desubscribirse no URL: >> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1091&h=b350990a9f8e105ea1f6de93fc810cb2683e4f5e&sa=1564119621 >> >> > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] > - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno > - Desubscribirse no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1095&h=1da5a1d27fd385cab27c6c925e4f492003e6824d&sa=1778897367 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Desubscribirse no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1112&h=aa330fef37f17826f1272ed019d6ebaeb33a9a09&sa=2025279740
