Antón, iso é un engadido para elasticsearch. Por resumir moito é un motor de análise e busca de texto. Seguramente que pillaron os dicionarios hunspell que habia hai 4 anos e meteronos nese engadido.
Se queremos que os actualicen cando os teñamos actualizados cómpre informalos. En canto aos paquetes de Debian, fago un fork en github e en canto teña tempo fágovos unha PR. Non prometo tempos que logo xa se sabe. Saúdos 2018-03-15 14:19 GMT+01:00 Antón Méixome <[email protected]>: > Totalmente de acordo, > Aínda onte mesmo estiven axudando a un deseñador a instalar os dicionarios > para InDesign, porque non só funciona en software libre. > > > Lémbrovos > - para falar do corrector ortográfico, en calquera das súas derivadas > convén introducir a etiqueta [hunspell] do "asunto" de modo que poidamos > seguir doadamente o asunto ao mesmo tempo que non molestar demasiado aos > que non estean interesados, sen ter que crear lista á parte. > > - o máis cómodo para axudar cos aspectos léxicos é comentalos pola lista > xeral con esa etiqueta. Logo, os que estamos no desenvolvemento imos > metendo novidades no Github. A idea é procurar non dispersar a "conversa > relevante" que queremos mantela na lista de Trasno. > > https://github.com/meixome/hunspell-gl/issues > > O último que falamos pola lista é de decembro do 2014, que estabamos en > fase de probas dun montón de novidades: novos .dic e .aff que esperaban os > vosos comentarios, sistema de compilación automático e personalizable > (Adrián), creación dun paquete de probas para Mozilla e outro paquete para > Debian (Fran), etc. > > Outra cousa importante era "matar o ispell" que se instala de modo > predeterminado, en Debian. Para iso tiñamos que deixar pasar un certo > tempo de modo que as distribucións fosen desbotando ese antigo corrector > para substituílo polo hunspell, porque non hai color. > > Con respecto á incorporación de novidades do DRAG, creo que había > ultimamente unha maneira de obter a lista de modificacións ou engadidos que > fai a RAG. Antes había que analizar mediante diff o dicionario do Volg. > > En fin, poñémonos pouco a pouco de novo en marcha con isto tamén. > > Por certo, alguén sabe de que vai isto: > > https://github.com/elastic/hunspell/tree/master/dicts/gl > > > > > > > O 18:09 do 14 de marzo de 2018, Xosé <[email protected]> escribiu: > >> Ben. Para min o corrector é importantísimo, máis que o software, se cabe: >> Se nunha interface hai algo sen traducir ninguén se estraña; a fin de >> contas estamos afeitos desde hai décadas. Pero que na liña anterior me >> sinalase como erro "importantísimo" paréceme preocupante. Por unha parte >> parece que no software libre nada é de calidade e, por outra parte, >> desprestixia o galego, porque non parece un idioma "tecnolóxico" ao carecer >> de ferramentas fiábeis deste tipo. >> >> A noticia que citei non era para que se aproveitasen eses termos. O certo >> é que se están a incorporar termos continuamente, sen que necesariamente se >> lles dea tanta publicidade. O problema é que penso que carecemos dun >> mecanismo para ilos incorporando nós. >> >> Antón, por que non propós un plan de actualización e mantemento? Súmome >> eu xa agora e, seguro que máis persoas. >> >> Xosé >> >> O 00:34 do 14 de marzo de 2018, Antón Méixome <[email protected]> >> escribiu: >> >>> Parada, Xosé >>> >>> >>> Levo tempo querendo retomalo. Parei para que Adrián levara a termo unha >>> idea que tiña de reorganización bastante importante e fixo moito pero creo >>> que non chegou a rematar polo que a cousa quedou asi un pouco no aire. En >>> fin, hai 5 anos diso... incrible. >>> >>> De todas maneiras actualizo coa idea de que xa non é necesario compilar >>> aquelas dúas versións: comunidade / Volg. Agora está por módulos e pódese >>> levar como se queira, de feito calquera pode compilar a versión que lle >>> pareza, e calquera pode contribuír porque esta en GitHub >>> >>> Para ben ser habería que lograr como mínimo unha versión actualizada >>> cada ano e producir o paquete .oxt para que non nolo puxeran como >>> sospeitoso de obsoleto, que non o é. >>> >>> Ademais había outra razón para un impass, a mellora máis importante e >>> necesarísima para o corrector é a de que recoñeza derivados, como as >>> palabras prefixadas, sufixadas e compostas. (poñer→ impoñer, supoñer, >>> antepoñer, etc.) Non tiña "sentido" ningún incorporar palabra a palabra, >>> cando menos dos cento e pico prefixos máis habituais. Hunspell non os >>> recoñecía. >>> >>> pero agora si, desde non hai moito. Queda investigar como se aplica ao >>> galego e facelo... >>> >>> O da RAG, algo é algo, menos de 200 termos que non sei se estarán xa >>> metidos. Desde logo non son novidade nas nosas traducións de software. >>> >>> Antón >>> >>> >>> >>> >>> >>> >>> 2018-03-13 23:54 GMT+01:00 Xosé <[email protected]>: >>> >>>> http://www.gciencia.com/ciencia/termos-matematicos-dicionario/ >>>> >>>> Como vai a actualización dos dicionarios para os correctores? >>>> >>>> Xosé >>>> >>>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - >>>> [email protected] >>>> - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto >>>> Trasno >>>> - Desubscribirse no URL: >>>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1090&h=fcbe7831b2f9908eaac62151257d6a3f1e4d1963&sa=2040294403 >>>> >>>> >>> >>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] >>> - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno >>> - Desubscribirse no URL: >>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1091&h=b350990a9f8e105ea1f6de93fc810cb2683e4f5e&sa=1564119621 >>> >>> >> >> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] >> - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno >> - Desubscribirse no URL: >> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1095&h=1da5a1d27fd385cab27c6c925e4f492003e6824d&sa=1778897367 >> >> > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] > - correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno > - Desubscribirse no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1112&h=12c0e9a841ed3d364303307582d9489b569aa7bf&sa=525370290 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Desubscribirse no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1117&h=626f1a0db2dbca56810751d5e4263fed729905db&sa=1127853709
