Cando usades punto final? Usades o mesmo criterio da cadea en inglés? Ou aplicades un criterio distinto?
Eu adoito usalo sempre salvo para títulos. Casos nos que adoito usalo mentres que non se usa en inglés con as opcións marcables (checkboxes) ou as descricións curtas de programas. Pero ultimamente atopei certos problemas para seguir este criterio, como desenvolvedores non dispostos a permitir traducir cadeas distinto cando son títulos e cando son opcións [1], ou programas que consideran descricións curtas incorrectas por rematar en punto [2]. Sempre din por suposto que o meu criterio é o correcto, pero nunca me parei a pensar de onde o sacara, e intentando buscar documentación que xustifique a miña escolla, atopei máis ben o contrario. Nos xornais, que diría que é o que máis se asemella ás interfaces gráficas, non atopo puntos finais nas descricións curtas con extractos das novas que adoitan aparecer baixo os seus títulos. ¿Debería seguir sempre o mesmo criterio que as cadeas orixinais para o uso de punto final? Links: ------ [1] https://github.com/wesnoth/wesnoth/issues/2836 [2] https://marc.info/?l=kde-i18n-doc&m=152545237727648&w=2 - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1728&h=6a8f432322ce3b590cfedfcded813fa4962379f1&sa=80787641
