Queres dicir que funcionaría como casa cuna (tipo+nome > subs+ adxec) moble bar
Iso é lóxico pero non soluciona este caso porque tan adxectivo é "un" como "unha" A RAG dános algo sobre o uso do numeral (cardinal pero significando ordinal): Que nunha serie ocupa o primeiro lugar. Abre o libro pola páxina un. SINÓNIMO primeiro <https://academia.gal/dicionario/-/termo/primeiro> OBSERVACIÓNS: Repárese en que neste uso tende a aparecer a forma masculina, sen concordar Por tanto, non dá unha regra ríxida senón que indica unha "norma de uso" . Deberiamos indicar logo que preferimos un, dous, tres... sen concordar Entendo eu. O 18:44 do 28 de maio de 2018, Adrian Chaves <[email protected]> escribiu: > Na miña opinión: páxina un, páxina dous. > > Falamos de <tipo de elemento> <nome de elemento>, e u número actúa como > nome, un nome que dá a casualidade de que é un número, e o número chámase > «dous», non «dúas». En vez de «un» ou «dous» pensa que podería ser A, B, > Xulián, Rosalía de Castro, etc. > > On 2018-05-28 00:34, Antón Méixome wrote: > > Surxiume unha dúbida... bastante especial a raíz dunha nova funcionalidade > de LibreOffice que consiste na posibilidade de numerar os estilos de > formatado. Hai que determinar o formato: > > Book/Part/Chapter/Section/Page/Paragraph One, or simply One (normal usage > > in English outline numbering) > > A pregunta é: Hai que escoller entre > Book 1, Book 2, ... ou simplemente 1, 2 > Page 1, Page 2 ... ou simplemente 1, 2 > Book One, Book Two ... ou simplemente One, Two > Page One, Page Two... ou simplemente One, Two > > Estamos xogando con números cardinais e ordinais. Está claro que de > escoller utilizar números en inglés, non hai ningún problema para nós > (Libro 1) pero de utilizar cardinais... pois xórdeme a dúbida. > En galego neutralízase o xénero cando se utiliza como adxectivo o cardinal? > > > Libro un > Libro dous > ... > > Non ten fallo, pero > > Parte un ou Parte unha? > Parte dous ou Parte dúas? > Sección dous ou Sección dúas? > ... > Estrada comarcal 1, Estrada comarcal un (resúltame insólito dicir "unha"), > tampouco é corrente dicir Estrada comarcal primeira (ou 1ª) > > Está claro que no caso dos ordinais non se neutraliza e o adxectivo > (primeiro, segundo) teñen que seguir o xénero do substantivo. > > Parte primeira, Parte segunda > Parágrafo primeiro, Parágrafo segundo > > > Este problema só se dá cos adxectivos "un e dous" e as súas abreviacións: > > Sección 1 // Sección 1ª, > Capítulo 1 // Capítulo 1º > > > Alguén que o teña claro? > > > > Fío de orixe: > > [libreoffice-l10n] Fixing new spell out numbering styles in LibreOffice 6.1 > > ... > Note: there is a plan to use similar spell out formats in currency and date > formats of Writer, typical in contracts and invoices in several > languages. These formats are only supported in Calc yet by the NUMBERTEXT > Calc extension (or also in Writer macros via the new > com.sun.star.linguistic2.NumberText > service). > > > > > > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto > Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: http://trasno.gal/web?confirm_ > unsubscribe=indeed&m=2054&h=e339eb37710ae9cdd2a8a410874455 > f914e855e5&sa=418416435 > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2057&h=93af30a7112c502928fa56240c09aaa0be544801&sa=2101369670
