Eu tampouco vexo problema con «publicar». Usar «colgar» en vez de
«publicar» para «post» paréceme como usar «escarallar» en vez de
«quebrar» para «crash»; eu non o acabo de ver. Eu «colgar» véxoo un
pouco vulgar, a verdade. 

Pero se queremos achegar o vocabulario do software ás persoas normais,
igual deberiamos comezar por deixar de dirixirnos á xente de «vostede»
nas traducións de software :) 

On 2018-06-03 13:04, Leandro Regueiro wrote:

> O 12:39 do 3 de xuño de 2018, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: 
> 
>> Normalmente veño traducindo isto como «publicación, publicar» pero me
>> pregunto por que non utilizamos nunca a forma en que se expresa a xente,
>> informalmente.
>> 
>> Todos estamos afeitos a escoitar que o de publicar en Facebook, Instagram,
>> na "Web" se lle chama «colgar»
>> 
>> No fondo non me gusta que post se traduza como publicar porque o vexo como
>> un termo técnico (get/post) pero por outro lado non teño unha alternativa
>> mellor para o uso substantivo xenérico:
>> 
>> Un post que pode ser unha páxina, un comentario, un artigo ...
>> 
>> Ora ben, para o verbo, publicar, por que non aceptar "colgar" que mesmo é
>> tan xenérico que podería utilizarse en casos de upload: colgar un ficheiro
>> do web
>> 
>> Igual estou patinando...
> 
> Ola,
> «post a post» normalmente tradúzoo como «publicar unha entrada». E non
> vexo ningún problema con «publicar».
> 
> Deica
> 
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
> - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL : 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2189&h=3c73696f682b11c2d644bd5e03a07be2b499d6a9&sa=1274394926
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2192&h=9fd0135a35010252f84c6e2efc1df1fff072828f&sa=1253350391

Responderlle a