---------- Forwarded message ---------
From: Antón Méixome <[email protected]>
Date: xov., 8/11/2018 ás 21:55
Subject: [hunspell] Versión 18.7
To: Lista de correo de Proxecto Trasno <[email protected]>


Ben, por fin se corrixiron os erros que daba a compilación da extensión
.oxt para poder distribuíla a través do portal de extensións oficial

Aquí está

https://extensions.libreoffice.org/extensions/corrector-ortografico-para-galego

Tamén está por fin o engadido para Firefox.

https://addons.mozilla.org/es/firefox/addon/corrector-de-galego/

Con respecto ao funcionamento, como non recibimos case ningún comentario na
lista a pesar de levar meses feitos os ficheiros base, decídome a publicar,
a ver se aumentando a "masa crítica" aparecen máis notas.

O proxecto en si mesmo, podería ou debería "redondearse" un pouco,
automatizando a construción dos complementos principais, a construción de
correctores "a medida" e quizais o máis importante e que non temos aínda
traballado nada sobre iso: a automatización de creación de vocabulario
etiquetado; é dicir, que se alixeire dentro do posible crear un módulo  a
partir dunha lista de vocabulario.

O segundo punto máis importante sería a construción de regras que permitan
o recoñecemento de palabras correctas con prefixos e sufixos de forma
automática. Polo menos cos 150 prefixos máis habituais.

Sería tamén de moito valor, ter unha lista de vocabulario xeral ou común
que conteña as formas das 10.000 palabras máis frecuentes (coas súas
variantes de xénero, número ou morfoloxia verbal)

Manifesto as grazas, moi profundamente a Adrián no desenvolvemento e apoio
técnico así como tamén a Dani e Keko para o traballo dos complementos.

Noraboa tamén á comunidade do Proxecto Trasno en xeral.

Un saúdo,

Antón

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3599&h=8b817df92082251e69db64953802cac565dfce9c&sa=98956006

Responderlle a