Fomos ó monte de merendola.

Como me apetece unha chouriza asada!

O logaritmo neperiano de e é un.

Hoxe non había nada de xeito na feira.

Fun de compras e cruceime con Manuel.

A leña de xesta ten moito poder calorífico.

A raposa levoume catro galiñas.

Non era sen tempo home.

Levo vivindo nesta aldea toda a vida.

Non hai mal que por ven non veña.

A comer todo o mundo ten dereito.

Tódolos camiños levan a Roma.

Nunca choveu que non escampara.

Como o xamón da casa non hai.

Aí vinte fino.

Desfrutaremos de sol durante toda a xornada.

Estás a velas vir.

E cando vos coñecéstedes.

E digo eu, non haberá mellores cousas que facer?

Sempre nos quedará París.

Que molesta é esta vareixa!

Nunca na miña vida vin cousa máis pesada.

Ó escampar apareceu o arco da vella.

Comprei un feixe de patacas para facer a cea.

Sigo pensando que teño a razón.

Tódolos días son un suplicio.

Vouvos facer unha foto, arrimádevos uns ós outros.

Xente hai moita, persoas poucas.

Cando pecho os ollos só podo ver a súa cara.

Vén aquí que che dou un coliño.

Tés tempo para pensar, o mundo non se acaba mañá.

Es a persoa máis fermosa que coñecín na miña vida.

Eu xa che dixen que non te meteras co Ruzo.

Santiago Ramón e Cajal gañou o Nobel de medicina en 1906.

Gustaríache cear un ovo fritido cun pouco de tetilla.

Xa van sete días sen ver o Sol.

Catro de cada dez dentistas recomendan facer a cama.

Púxoseme o ollo esquerdo morado despois de tropezar.

Hoxe toucoume a min tornar os bois.

Mira que é difícil pensar frases, dicilas debe ser máis sinxelo.

Xudías con coliflor, a miña comida preferida!

Xa non se fala de nada que non sexa a pandemia.

Ola! Estou gravando a miña voz. Todo sexa pola ciencia!

Solta o móbil! Non ves que vas a conducir?

Mira que xa te avisei, ó final caiches e quedaches coma un parvo.

Mira iso! Menuda foleada de aire, levantou un montón de parasois.

Está nevando a cachón. Mañá ó millor non hai escola.

Isto do cibercole mata a un.

Pousóuseme unha xoaniña no furabolos do pé.

Todo o que vexo son excusas, ou recolledes o cuarto ou non hai consola.

Estou farto de esperar, vou botar unha partida ó Candy Crush.

Durante o inverno vese Orión cara o Sur e Tauro cara o Sureste.

No hemisferio Norte as estrelas parecen xirar en torno á Estrela Polar.

Onte á tarde comprei un bolso chulísimo.

Non era sen tempo langrán, vai buscar unha pala e uns guantes.

Todos temos dereito a vivir respectando ós demais.

A tarde fáiseme moi curta, prefiro dedicarme á pesca pola mañá.

Mexan por nós e dicimos que chove.

Mira que hai que ser pasmón para perder o autobús polo que tanto esperaches.

Non hai maneira de convecela, é unha muller coas ideas moi claras.

Se só foses ti aínda mo pensaba, pero a quince non vos colo.

Teño picadas de mosquito por todo o corpo.

Aquel rapaz ten unhas pernas ben fermosas.

Espirrou tan forte que lle caiu a lámpada enriba, por sorte non houbo feridos.

Por fin superamos a pandemia!

O tempo é ouro, porque é incalculable o valor do tempo cos teus achegados.

Ícaro queimouse por intentar chegar ó Sol.

Seica hai xente nova na casa da Ferreira.

Disque chove cando canta, é mellor evitar a súa casa.

Non me queda máis remedio que asaltar o Capitolio, a situación é desesperada.

Nun principio queriamos quedar xuntos para sempre, pero o tempo cambia á xente.

Merquei unha tablet nova para ler os apuntes sen ter que imprimilos.

Oxalá saber que máis escribir, pero esgótanseme as ideas.

Vendo verzas frescas, o seu consumo é apto para todas as idades.

Xa lin un montón de frases, pero non pasa nada, podo con algunhas máis.

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7209&h=8526665e00c6bf3e6ec472531b53094d9a3965b3&sa=890329150

Responderlle a