procesado

O luns, 8 de feb. de 2021 ás 23:38, Paramés Estévez Santiago (<
[email protected]>) escribiu:

> Fomos ó monte de merendola.
>
> Como me apetece unha chouriza asada!
>
> O logaritmo neperiano de e é un.
>
> Hoxe non había nada de xeito na feira.
>
> Fun de compras e cruceime con Manuel.
>
> A leña de xesta ten moito poder calorífico.
>
> A raposa levoume catro galiñas.
>
> Non era sen tempo home.
>
> Levo vivindo nesta aldea toda a vida.
>
> Non hai mal que por ven non veña.
>
> A comer todo o mundo ten dereito.
>
> Tódolos camiños levan a Roma.
>
> Nunca choveu que non escampara.
>
> Como o xamón da casa non hai.
>
> Aí vinte fino.
>
> Desfrutaremos de sol durante toda a xornada.
>
> Estás a velas vir.
>
> E cando vos coñecéstedes.
>
> E digo eu, non haberá mellores cousas que facer?
>
> Sempre nos quedará París.
>
> Que molesta é esta vareixa!
>
> Nunca na miña vida vin cousa máis pesada.
>
> Ó escampar apareceu o arco da vella.
>
> Comprei un feixe de patacas para facer a cea.
>
> Sigo pensando que teño a razón.
>
> Tódolos días son un suplicio.
>
> Vouvos facer unha foto, arrimádevos uns ós outros.
>
> Xente hai moita, persoas poucas.
>
> Cando pecho os ollos só podo ver a súa cara.
>
> Vén aquí que che dou un coliño.
>
> Tés tempo para pensar, o mundo non se acaba mañá.
>
> Es a persoa máis fermosa que coñecín na miña vida.
>
> Eu xa che dixen que non te meteras co Ruzo.
>
> Santiago Ramón e Cajal gañou o Nobel de medicina en 1906.
>
> Gustaríache cear un ovo fritido cun pouco de tetilla.
>
> Xa van sete días sen ver o Sol.
>
> Catro de cada dez dentistas recomendan facer a cama.
>
> Púxoseme o ollo esquerdo morado despois de tropezar.
>
> Hoxe toucoume a min tornar os bois.
>
> Mira que é difícil pensar frases, dicilas debe ser máis sinxelo.
>
> Xudías con coliflor, a miña comida preferida!
>
> Xa non se fala de nada que non sexa a pandemia.
>
> Ola! Estou gravando a miña voz. Todo sexa pola ciencia!
>
> Solta o móbil! Non ves que vas a conducir?
>
> Mira que xa te avisei, ó final caiches e quedaches coma un parvo.
>
> Mira iso! Menuda foleada de aire, levantou un montón de parasois.
>
> Está nevando a cachón. Mañá ó millor non hai escola.
>
> Isto do cibercole mata a un.
>
> Pousóuseme unha xoaniña no furabolos do pé.
>
> Todo o que vexo son excusas, ou recolledes o cuarto ou non hai consola.
>
> Estou farto de esperar, vou botar unha partida ó Candy Crush.
>
> Durante o inverno vese Orión cara o Sur e Tauro cara o Sureste.
>
> No hemisferio Norte as estrelas parecen xirar en torno á Estrela Polar.
>
> Onte á tarde comprei un bolso chulísimo.
>
> Non era sen tempo langrán, vai buscar unha pala e uns guantes.
>
> Todos temos dereito a vivir respectando ós demais.
>
> A tarde fáiseme moi curta, prefiro dedicarme á pesca pola mañá.
>
> Mexan por nós e dicimos que chove.
>
> Mira que hai que ser pasmón para perder o autobús polo que tanto
> esperaches.
>
> Non hai maneira de convecela, é unha muller coas ideas moi claras.
>
> Se só foses ti aínda mo pensaba, pero a quince non vos colo.
>
> Teño picadas de mosquito por todo o corpo.
>
> Aquel rapaz ten unhas pernas ben fermosas.
>
> Espirrou tan forte que lle caiu a lámpada enriba, por sorte non houbo
> feridos.
>
> Por fin superamos a pandemia!
>
> O tempo é ouro, porque é incalculable o valor do tempo cos teus achegados.
>
> Ícaro queimouse por intentar chegar ó Sol.
>
> Seica hai xente nova na casa da Ferreira.
>
> Disque chove cando canta, é mellor evitar a súa casa.
>
> Non me queda máis remedio que asaltar o Capitolio, a situación é
> desesperada.
>
> Nun principio queriamos quedar xuntos para sempre, pero o tempo cambia á
> xente.
>
> Merquei unha tablet nova para ler os apuntes sen ter que imprimilos.
>
> Oxalá saber que máis escribir, pero esgótanseme as ideas.
>
> Vendo verzas frescas, o seu consumo é apto para todas as idades.
>
> Xa lin un montón de frases, pero non pasa nada, podo con algunhas máis.
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> [email protected]
> - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7209&h=984b154546e21bdce6a5c2af824e2cbaeda2eb49&sa=982436385
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7211&h=7d062919032d6d31b01d3c288654f70e1e79c07a&sa=1005052967

Responderlle a