Nos casos de dúbidas legais, eu faríalle a consulta a Bárbara de
NoLegalTech... estou bastante seguro de que no noso caso faría ese estudo
de xeito «gracioso»

O ven., 19 de feb. de 2021 ás 20:59, Antón Méixome (<[email protected]>)
escribiu:

> Nas recomendacións do proxecto CV fálase do acceso ás publicacións do
> Parlamento europeo como fonte de textos dispoñible. Non é o caso viable
> para o galego, nin sequera no Senado. Por iso miro para o Parlamento de
> Galicia e aí si.
>
> Toda a lexislación do Parlamento de Galicia en TEXTO
>
> Lex.gal recólleo aínda que ese servizo é máis ben da Xunta de Galicia
>
>
> Está permitido:
>
>    - A copia e difusión da información aquí contida.
>    - A modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación
>    da información.
>    - A reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación,
>    necesaria para desenvolver a actividade de reutilización autorizada, en
>    calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o mundo e polo
>    prazo máximo permitido pola lei.
>
> Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita
> poderá realizarse da seguinte maneira: «Orixe dos documentos: Lex.gal».
>
> Por exemplo: leis
>
> https://www.lex.gal/galilex?p_p_id=galilex_WAR_galilexportlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1
>
> Un dato interesante para nós:
> Nas leis antigas, desde o 82,  aparece o texto con segunda forma do
> artigo, terminación -bel, ó,  e incluso con enxebrismos
>
> Alguén se anima a procesar algunhas de distintas temáticas e recuperar por
> exemplo 5000 frases de aí?
>
> Estou mirando o Diario de sesión, que é moito máis interesante
> lingüísticamente pero aí teño dúbidas.
>
>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> [email protected]
> - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7357&h=833d8af67a03969a8fb460c13b024967115f83f9&sa=1402729716
>


-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7359&h=d0a8c081726b5711faf483206cce1605f28423c4&sa=2131214764

Responderlle a