Ola a todos/as,

Hai un mes paseille unha revisión ortográfica ás traducións de GNOME
empregando o dicionario de hunspell-gl que mantemos.

No proceso atopei unha serie de erros:

   - En GNOME había unha morea deles que xa fun corrixindo e irán na
   seguinte version GNOME 40
   - Tamén atopei unha cantidade importante de falsos positivos que
   reportaba o corrector e que reportei para que se solucionen
   https://gitlab.com/proxecto-trasno/hunspell-gl/-/issues/1

Moitos dos erros xa están arranxados por Adrián, pero noutros casos
comentábame que estas entradas xa estan contempladas noutros dicionarios
que non se inclúen por defecto e que hai que dicirlle ao construtor do
dicionario que os inclúe explicitamente.

Para que o teñades en conta, na construción do corrector que realizo para o
paquete de Archlinux que manteño, eu executo

scons

sen mais, mentres que o dicionario construído para o Firefox faino con

scons aff=norma,trasno,unidades
dic=comunidade,rag,norma,trasno,unidades,uvigo,wikipedia,wiktionary
rep=comunidade,rag,wikipedia

segundo comentan aquí
https://gitlab.com/proxecto-trasno/hunspell-gl/-/issues/1#note_513986740 como
vedes na compilación de Firefox inclúense moitos máis dicionarios.

O que pretendo con esta mensaxe é abrir un debate para cambiar os
parametros por defecto para que a compilación sen parámetros inclúa os
dicionarios que pensemos que calquera debería ter. Sen perxuizo de que
alguén poida construirse a súa versión que inclúa máis ou menos ficheiros
dicionarios-afixos-etc.

Polo tanto, delegar no mantedor do dicionario a seleción  dos dicionarios
que se inclúen por defecto e que os que empaquetamos o dicionario para a
súa distribución, Archlinux, Debian, Firefox, Libreoffice, non nos
preocupemos por dita selección.

Por favor, preciso feedback e agardo que poidamos incluír esta decisión na
seguinte versión. Pola miña parte seguirei revisando GNOME para ver se hai
máis falsos positivos, reportalos e polo tanto ter un corrector máis
completo.

Saúdos

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7381&h=1bd34286a6060296763bdea580f388e0da4eb9d6&sa=2093620018

Responderlle a