O mar., 23 de feb. de 2021 ás 16:33, Adrian Chaves (<adr...@chaves.io>)
escribiu:

> Notas pola miña parte:
>
> - Creo que é moi importante que se tome esta decisión, e que se tome en
> comunidade. A construción predeterminada actual segue o meu criterio
> persoal, e é unha decisión da que me arrepinto.
>

É este un tema máis de lingüística que de informática?
Miramos como se fai noutros idiomas?


> - Creo que deberíamos seleccionar uns contidos predeterminados para o
> corrector que sexan axeitados para a persoa media. Evitaría escoller un
> contido pensando en nós quen traducimos, que o temos máis doado para
> compilar unha versión a medida do corrector. Dito isto, creo que o
> módulo de «trasno» é útil para a persoa media. Pero no pasado tivemos
> cousas, como por exemplo os códigos ISO de idiomas e países, que creo
> que non son útiles para a persoa media.
>

De acordo. O destinatario obxectivo debe ser o usuario final sen
coñecementos de informática que escribe un traballo escolar, unha
presentación de empresa, un artigo xornalístico, unha novela. Os demais,
como alguén xa dixo, xa sabemos. A activación de módulos específicos (unha
bioquímica, por exemplo, debe verse corrixido se acentúa
«desoxirribonucleico») probabelmente debería ser algo que posibilitasen as
aplicacións finais, pero nós deberiámolo poder ter en conta. Os topónimos
entran neste caso: «Galicia» non debe aparecer como incorrecto.


> - Os módulos de Wikipedia e Wiktionary creeinos no seu momento, durante
> a separación do contido do corrector en módulos, para dar cabida a
> vocabulario que estaba presente no corrector pero non viña do VOLGa ou
> do DRAG, como nomes e apelidos, nomes de lugar, e nomes de produtos ou
> empresas popularmente coñecidos. Pero creo que podería non ser boa idea
> incluír eses contidos, ou polo menos non todos, porque pode darse o caso
> de palabras que se marquen como correctas aínda que non o sexan porque
> forman parte de deses módulos. Creo que deberiamos ter un criterio claro
> para decidir cales destas palabras van no corrector predeterminado e
> cales non. Pero non teño nin idea de como escoller ese criterio.
>

Concordo, mais tamén me parece un tema principalmente lingüístico.

>
> - A raíz de vocabulario que faltaba no corrector que atoparon Fran e
> Xosé, creei un novo módulo para Tergal. Paréceme un recurso fiable e en
> liña co DRAG, e creo que tería sentido incluír o seu vocabulario no
> corrector predeterminado.
>

Si, porque o DRAG é moi limitado. É posíbel falar con eles?



> O traballo no corrector adoita ser bastante solitario e pouco



> agradecido (botar moito tempo para cousas con pouco impacto), e as súas
>
achegas resultan, canto menos, motivadoras.
>
> Certo, pero para min é dos máis importantes porque afecta a todo. Grazas
polo teu labor.

Xosé

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7399&h=3c25b12b63b4f9e15421fc8c1534f2fc6769a176&sa=1651655386

Responderlle a