Estimadas/os, despois de ter contactado con vós para ver o voso interese en asinar o Convenio de Colaboración para o Desenvolvemento do Software Libre en Galicia, comunicamosvos que finalmente sodes 7 as asociacións interesadas en participar este ano no convenio: A Industriosa, Amigus, Bricolabs, GALPon, GPUL, Melisa e Trasno. Polo tanto cada unha poderá dispoñer dun importe máximo de 4.285,71 € para os gastos asociacidos ás actividades.
Achegámosvos neste correo as instrucións para que entreguedes a documentación previa, necesaria para proceder á sinatura do Convenio. O prazo para a presentación desta documentación será de 4 semanas, ata o 10 de febreiro (incluído), se algunha das Asociaciacións non presentase a documentación solicitada en prazo, quedará excluida do convenio deste ano, e o importe asignado inicialmente repartirase entre o resto de Asociacións firmantes. O texto definitivo do Convenio de Colaboración para o Desenvolvemento do Software Libre en Galicia enviarémolo unha vez recibida e validada esta documentación previa, e con antelación á firma, para que poidades revisalo. Podemos adiantarvos que non haberá grandes cambios nel, respecto destes últimos anos. A entrega desta documentación deberedes facela, o antes posible dentro do plazo límite, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia[1] empregando o procedemento PR601A, no que deberedes acompañar: 1. Certificado de composición da xunta directiva (achégase modelo) 2. Certificado de estar ao corrente coas débedas tributarias 3. Plan de Actuacións previsto (achégase modelo) Nota: O Plan de Actuacións previsto agradeceriámosvos que nolo enviásedes ademais por correo electrónico, respondendo a este mesmo, para axilizar a súa revisión pola nosa parte. Neste Plan de Actuacións tedes que describir as actividades a desenvolver de forma completa, incluíndo os seus obxectivos e un orzamento o máis detallado posible, necesario para cada unha delas. O motivo é poder facer unha revisión previa dos gastos previstos para poder garantizarvos que son subvencionables e evitarvos gastos que despois non poderíades recuperar. Actividades subvencionables 1. Organización ou participación activa en congresos, xornadas, conferencias, obradoiros ou eventos similares de promoción e divulgación do Software Libre. A participación neste tipo de actividades deberá vir avalada pola importancia do evento nacional ou internacionalmente dentro da comunidade do Software Libre. 2. Asistencia como público a congresos, xornadas, ... de recoñecido prestixio dentro da comunidade do Software Libre. 3. Elaboración de contidos divulgativos e/ou formativos, que deberán publicarse cunha licenza de documentación libre. Así mesmo, as fontes deste material deberán ser remitidos á Amtega en formatos abertos para que poidan ser difundidos a través das canles precisas ao efecto. 4. Desenvolvemento ou localización de proxectos de Software Libre que puidesen resultar de interese para a consecución dos obxectivos perseguidos neste convenio. Calquera software desenvolvido no marco deste convenio deberá ser publicado cunha licenza libre aprobada pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative e publicado no Repositorio de Software Libre de Galicia. Gastos subvencionables En canto aos gastos subvencionables lembrade que son aqueles nos que incorre a asociación para o desenvolvemento das actividades conveniadas que tería que xustificarse sempre coa presentación da correspondente factura a nome da asociación e o xustificante do pago mediante transferencia. E se realicen dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2022 e a data límite de xustificación do convenio (finais de outubro). Establécese un límite máximo do 25% do importe total de financiamento que lle corresponda a cada AGUSL para actividades do tipo 2. Así mesmo, establécese un límite máximo do 20% do importe total de financiamento que lle corresponda a cada AGUSL, cun importe máximo de 750€, para gastos derivados da elaboración de material de difusión (folletos, dípticos, CD, camisetas, etc.). Os gastos relativos a dominios de internet ou aloxamento deberán xustificarse a súa necesidade dentro das actividades conveniables, e de ser plurianuais só se considerará xustificable a parte correspondente ao período de vigor do convenio. Finalmente lembrade tamén que non se consideran subvencionables aquelas actividades subcontratadas a provedores vinculados coa asociación. O importe do IVE tampouco se considerará gasto subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou compensación. Procedemento da sede electrónica Nota: Desde a sede electrónica, empregarase o procedemento PR601A, debendo seleccionar no combo desplegable "Unidade responsable do procedemento" a opción "Área de Sociedade dixital" para o envío da documentación. O procedemento da sede electrónica ten un formulario no que deberedes cubrir a seguinte información: - Datos da entidade solicitante e persoa representante. O formulario asume que se autoriza a consulta dos datos identificativos: Nesa consulta os datos que se obteñen é que a asociación ten o NIF que se indica; porén na parte final do formulario existe a opción de opoñerse a esta consulta. Se fose o caso e a asociación prefire non autorizar, deberedes achegar copia do NIF da asociación. - Para a acreditación da representación, achegamos neste correo un modelo para a certificación actualizada de composición da Xunta directiva (igual que o dos anos anteriores). Se non variou dende o último que presentastes podedes indicar que xa está presentado na lista de documentación. - Datos para avisos sobre as notificacións. - Os datos bancarios da asociación. - No campo TIPO DE CONVENIO seleccionar OUTROS CONVENIOS DA AMTEGA. - Declaración relativa a outras axudas e axudas de "minimis". - Por defecto asúmese que a Asociación non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. -O formulario asume que se autoriza a consulta das débedas coa AEAT, Seguridade Social e Consellería de Facenda: Nesta consulta para cada entidade obtemos un resultado positivo (0P) ou negativo (0N); se a asociación prefire non autorizar pode indicalo na parte final do formulario. No caso de non autorizar a consulta caso deberedes achegar os certificados correspondentes. Neste último caso, lembrar que a vixencia dos certificados é de 6 meses. En particular, no caso da AEAT, se tedes un certificado en vigor, podedes anexalo por defecto, porque esta consulta con frecuencia presenta dificultades. No caso dos colectivos que non teñen actividade económica, e non presentan IVE, é mellor presentar este certificado para evitar problemas que se deron noutras ocasións. Pódese probar a solicitalo, simplemente co certificado dixital. Se precisades que asine alguén distinto do presidente, pregámosvos que nolo comuniquedes canto antes indicando e citando o artigo dos estatutos no que está recollido e anexando o pdf dos propios estatutos escaneados. Se a capacidade de representación non está recollido nos estatutos comunicádenolo para que o consultemos. Presentación da documentación Para presentar a documentación a través da sede electrónica podedes empregar tanto o sistema Chave 365 que permite o acceso e a sinatura a través do móbil (previa alta no mesmo) como empregando o DNIe ou un certificado dixital da FNMT. Desde o portal de Mancomún, podedes descargar[2] dúas máquinas virtuais (baseadas en dúas distribucións diferentes de GNU/Linux), que permiten a realización de trámites con sinatura dixital empregando ferramentas de software libre. Dispoñedes de instruccións detalladas do uso destas máquinas virtuais no propio portal de Mancomún. A sede electrónica da Xunta foi probada con éxito con estas máquinas virtuais. Se empregades algunha outra distribución e tedes problemas co proceso de sinatura non dubides en poñervos en contacto con nós para que vos poidamos axudar. Calquera outra dúbida podedes contactar con nós, tanto por correo como por teléfono. Un cordial saúdo [1]: https://sede.xunta.gal/portada [2]: https://www.mancomun.gal/documento/maquina-virtual-para-sinatura-dixital/ -- Oficina de Coordinación de Software Libre Servizo prestado por iCarto Departamento de Innovación Dixital e Intelixencia Artificial. Área de Sociedade Dixital Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Xunta de Galicia Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n 15781 Santiago de Compostela Teléfono: 881 995 600 software.li...@xunta.gal<mailto:software.li...@xunta.gal> [1640873223664] - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7585&h=f1bc7e37fb9239e9557e45406d31c587e262fa34&sa=2034822529
Certificado_composicion_xunta_directiva_AGUSL.odt
Description: application/vnd.oasis.opendocument.text
Modelo_Plan_Actividades_Convenio_AMTEGA-AGUSL.odt
Description: application/vnd.oasis.opendocument.text