Estimadas,
Enviamos este correo para informarvos da situación do convenio deste ano. A Amtega segue a manter o seu compromiso de colaboración con todos os axentes do software libre en Galicia. Por tanto seguimos a traballar para que este ano teñades tamén as habituais achegas económicas que vos permitan levar a cabo as diferentes actividades de difusión e fomento do uso do software libre. Por cuestións administrativas este ano non é posible facelo en formato de convenio, polo que estivemos a traballar para poder tramitalas en formato de axudas en concorrencia non competitiva. Estamos pasando as últimas validacións e se todo vai ben esperamos que sexan publicadas no DOG ao longo do mes de xullo. Na medida do posible trataremos de mantervos informadas sobre a data de publicación. Aproveitando este cambio estamos traballando para tratar de incorporar algunha das melloras que nos pedides habitualmente, na medida que administrativamente sexa posible. Por exemplo, unha das cousas que parece que imos poder facer é que sexan por dous anos, co cal, aínda que este ano se demorasen os prazos, para o próximo ano xa ides ter o importe da axuda concedido dende o mes de xaneiro. De tódolos xeitos, en canto teñamos xa confirmación de todo, explicarémosvos en detalle todos estes cambios. Lembrade, que como tódolos anos, teredes a nosa axuda durante todo o proceso de solicitude. Un saúdo. -- Oficina de Coordinación de Software Libre Servizo prestado por iCarto Departamento de Innovación Dixital e Intelixencia Artificial. Área de Sociedade Dixital Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Xunta de Galicia Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n 15781 Santiago de Compostela Teléfono: 881 995 600 [email protected]<mailto:[email protected]> [1677155355136] - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12169&h=30ad54821bc5557637449a09e7dbde580cf15fd7&sa=872509540 powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more information: https://wpmailster.com
