Bo dia, On Thu, Jul 13, 2023 at 12:27 PM Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> wrote:
> Necesito unha solución a un problema que teño entre mans. > Ao non existir (e penso que tampouco pode facerse) unha substantivación de > verbo compartir, para a «acción de» ou «efecto de» ao estilo: > «compartición» > non vexo a forma de facer (con xeito e co menor discurso posíbel) a > tradución de casos como: > - A share for collective %s exists already > - Sharing backend %s must implement the interface OCP\Share_Backend > - Username as share > - sharing is disabled > - Federated sharing > - You received a new remote share {file} from {user} > - {user} declined the remote share of {file} > > > A pregunta é, o acto ou acción de compartir tanto os ficheiros/cartafoles > como a propia ligazón, como me refiro a el (ao acto ou acción) > > Acho que na maioria dos usos non é preciso falar do sustantivo, da acción de compartir en si mesma, senón que o uso implica unha calificación do termo, así: - a share for collective... --> un recurso compartido... - sharing backed... -> o backend compartido... (non gusto de traducir backend por ser un termo técnico de uso común) - username as share -> nome de usuario como recurso compartido - sharing is disabled -> o uso compartido está desabilitado - federated sharing -> uso compartido federado - your received a new remote share file ... -> Recibiu un novo fichiro compartido remoto... - ... declined the remote share of file -> o usuario rexeitou compartir remotamente o ficheiro De ser necesario empregar un termo para o acto de compartir, eu tiraría do lusismo *compartillamento *que malia non existir no dicionario da RAG ben se pode derivar de compartir e mesmo penso que compartillar tamén se di en galego, a lo menos nalgunha variante. Este termo ten a vantaxe de que significa exactamente iso, a acción de compartir "informáticamente": * compartilhamento: * Acto ou efeito de compartilhar; partilha de algo entre várias pessoas (ex.: *compartilhamento de fotos*). = COMPARTILHA, COMPARTILHAÇÃO *compartilhar*: 3. [Informática] Tornar acessível ou visível a outros utilizadores de uma rede ou através de uma aplicação (ex.: *compartilhar o ecrã; compartilhar um ficheiro*). = PARTILHAR - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12257&h=0592fb567dffabd2fb221fbd6123668f13403111&sa=673427478 powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more information: https://wpmailster.com