El 17 de mayo de 2010 12:36, Adrián Chaves Fernández <
adriyeticha...@gmail.com> escribió:

> Somos tradutores de software libre ao galego. Creo que queda ben claro que
> non
> estamos avergoñados do galego. E non creo que a plataforma Queremos Galego
> vaia “directamente” a beneficiarnos como colectivo. De feito, o goberno
> actual
> ao que directamente critica o Queremos Galego (e non sen motivo, que
> conste) é
> o que máis beneficiou (ou vai beneficiar) a Trasno ou as asociacións de
> usuarios de GNU/Linux de Galicia.
>
> Eu optaría por unirnos individualmente máis que como colectivo. Pero se
> estades todos de acordo non me opoño.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>


Igual a miña mensaxe pareceu un pouco agresiva e te molestei, e non era a
miña intención... xa digo que entendo que haxa reticencias, o que pasa é que
esa presunta vinculación política, dende o meu punto de vista persoal, non
responde mais que ó de sempre: intentar restar apoios etiquetando ós que se
opoñen ós de sempre como uns radicais e impositores. Por iso igual son un
pouco cortante ó expresar o que penso :P. Pero tes toda a razón do mundo ó
sacar a cuestión; a min tampouco me parecería normal que a decisión se
tomase sen ter en conta todas as sensibilidades, e se aínda que fose unha
minoría non o vise ben, posto que non é un obxectivo de Trasno como
asociación, entón prefiro que non se faga.

Saúdos! :)

PD: Mándocho a tí só porque en principio teño a sensación de que isto queda
mais como un debate persoal, pero se prefires reenviar á rolda porque cres
que pode aportar algo, xenial :)
-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a