Somos tradutores de software libre ao galego. Creo que queda ben claro que non estamos avergoñados do galego. E non creo que a plataforma Queremos Galego vaia “directamente” a beneficiarnos como colectivo. De feito, o goberno actual ao que directamente critica o Queremos Galego (e non sen motivo, que conste) é o que máis beneficiou (ou vai beneficiar) a Trasno ou as asociacións de usuarios de GNU/Linux de Galicia.
Eu optaría por unirnos individualmente máis que como colectivo. Pero se estades todos de acordo non me opoño. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

