O Mar, 18-05-2010 ás 18:23 +0200, mvillarino escribiu:
> -b) quedaría un rexistro completo de quen traduciu o que, polo que
> despois poderían emitirse certificados coa experiencia de cada
> colaborador (estou a pensar na EN UNE15038) 

Gústame a idea, porén o UNE15038 non vexo que poida certificar o nivel
de calidade senón que certifica os procesos internos. 
O exemplo máis claro é por analoxía o CMMI, que certifica que o teu
proceso é o axeitado, facer unha medición de tempos e recursos adicados
e "garante" uns procesos estandarizados. Pola contra o CCMI non garante
que o teu software sexa de calidade. "Podes ter un proceso de creación
de software de la leche pero o teu software pode non valer para nada"

En GNOME tamén estou tentando levar a cabo un estudo do traballo de cada
colaborador e coas estimacións oportunas para que nun futuro poida
desviar o meu traballo e o do resto segundo conveña, sen menoscabar o
nivel de tradución (cantidade e calidade). 
O principal problema atopo é a falta de persoal cualificado (neste
contexto, con experiencia dabondo) e con contribucións perdurábeis no
tempo.

O argumento de non depender da dispoñibilidade dun coordinador si que é
un argumento importante. Máis en GNOME non se pode levar a cabo xa que
aínda que non vaia depender dun coordinador si que dependes dun remisor
(persoa con permisos de remisión de traducións no git) e que
necesariamente ten que ter coñecementos técnicos para facelo.

Trasno nesas liñas debería buscar colaboradores con enfoques ben
diferenciados a todos os nosos
 - Persoal: 

Saúdos

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a