2010/5/18 Fran Diéguez <lis...@mabishu.com>:
> O Mar, 18-05-2010 ás 18:23 +0200, mvillarino escribiu:
>> -b) quedaría un rexistro completo de quen traduciu o que, polo que
>> despois poderían emitirse certificados coa experiencia de cada
>> colaborador (estou a pensar na EN UNE15038)
>
> Gústame a idea, porén o UNE15038 non vexo que poida certificar o nivel
> de calidade senón que certifica os procesos internos.
> O exemplo máis claro é por analoxía o CMMI, que certifica que o teu
> proceso é o axeitado, facer unha medición de tempos e recursos adicados
> e "garante" uns procesos estandarizados. Pola contra o CCMI non garante
> que o teu software sexa de calidade. "Podes ter un proceso de creación
> de software de la leche pero o teu software pode non valer para nada"
>
> En GNOME tamén estou tentando levar a cabo un estudo do traballo de cada
> colaborador e coas estimacións oportunas para que nun futuro poida
> desviar o meu traballo e o do resto segundo conveña, sen menoscabar o
> nivel de tradución (cantidade e calidade).
> O principal problema atopo é a falta de persoal cualificado (neste
> contexto, con experiencia dabondo) e con contribucións perdurábeis no
> tempo.
>
> O argumento de non depender da dispoñibilidade dun coordinador si que é
> un argumento importante. Máis en GNOME non se pode levar a cabo xa que
> aínda que non vaia depender dun coordinador si que dependes dun remisor
> (persoa con permisos de remisión de traducións no git) e que
> necesariamente ten que ter coñecementos técnicos para facelo.
>
> Trasno nesas liñas debería buscar colaboradores con enfoques ben
> diferenciados a todos os nosos
>  - Persoal:
>
> Saúdos
>

É impresión miña ou quedou a medio escribir?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a