Como en admin non teño resposta, vai pola xeral. (Iso si, co das chaves hai unha alternativa mellor)
---------- Forwarded message ---------- From: mvillarino <mvillar...@gmail.com> Date: 2010/5/25 Subject: [pootle][kde] comezamos To: ad...@trasno.net Bon día: estiven documentándome acerca de como facer o de kde: svn+ssh + cron/at + pootle. A mellor documentación que achei son: http://gustavonarea.net/blog/topics/howtos/ e http://translate.sourceforge.net/wiki/pootle/version_control En esencia: hai que meterse mediante shell a facer a obtención inicial, e é recomendábel facer unha automaticamente cada día, mediante «at» ou «cron». Tamén é recomendábel non ter que meter seguido o contrasinal da chave ssh. No seu día, mediante un par de scripts, teño simplificado as operacións estas, incluída a de non meter seguido o contrasinal, polo que nese sentido pouco habería que facer. Penso que para facer a tradución de kde -mainstream- mediante unha copia local en trasno quedan pendentes estas cousas: a) Comprobar que a estrutura dos cartafoles e ficheiros é compatíbel con trasno; tirar do anonsvn para isto. b) Pasarvos a miña chave ssh en kde, para que a empregue pootle nos commits c) Facer a obtención dos ficheiros d) Configurar o que haxa que configurar no pootle para ter o proxecto dispoñíbel. e) Preparar os scripts de commit automático diario (ás 00:30 h). Os que aparecen na primeira ligazón son naif para seren correctos (en concreto, non xestiona as adicións de ficheiros, nin o que facer no caso de apareceren conflitos entre a copia local e head) Que fago agora? Preciso de asistencia. _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto