Eu son anti-foros por unha razón tecnolóxica e pragmática. - Para obter os contidos dun foro tes que abrir a páxina web, ir mirando en cada subforo que novas mensaxes aparecen. Digamos que o modo de acceso ao contido nos foros require do usuario sexa totalmente activo.
- Para obter os contidos dunha rolda de correo tes que abrir o teu cliente de correo electrónico e visualmente podes ver que mensaxes non foron lidas e incluso gardalas para momentos de desconexión. Digamos pois que neste caso o modo de acceso é pasivo por mor de que o contido é o que se achega ao usuario e non o contrario. Este debate é o mesmo que o de acceso direto ás webs ou acceso ás mesmas mediante un agregador RSS. Coidado! O que non estou dicindo é que non se poida usar unha solución intermedia, isto é, conectar o Drupal ao Mailman para que a comunicación sexa bidireccional entre as dúas instancias. Saúdos -- Fran Dieguez Coordinator of Galician translators team of GNOME and Ubuntu Trasno Association (www.trasno.net) O Mér, 03-11-2010 ás 10:58 +0100, Xose M escribiu: > certo, o título é para atraer a atención e que leades o contido. > > > no foro de Trasno expoño o meu > parecer: http://www.trasno.net/content/%C2%BFpor-qu%C3% > A9-non-se-usa-o-foro-do-trasno > > > > > -- > Xose M > ---------------- > Non imprimas este correo electrónico se non é preciso. > ---------------- > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

